Galicia Bilingüe leva ata Estrasburgo as súas críticas á política lingüistica da Xunta

A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, e o vicepresidente desa asociación, José Manuel Pousada, reuníronse onte en Estrasburgo cun grupo de eurodiputados de dezaseis países para exporlles a súa oposición á política lingüística da Xunta, especialmente en materia educativa.

Segundo narrou Lago, os portavoces de Galicia Bilingüe explicaron aos eurodiputados, entre os que non se atopaba ningún socialista pero si os populares galegos Francisco Millán e Daniel Varela, a «perda de dereitos que sofren moitos cidadáns galegos» como consecuencia da estratexia lingüística do Goberno bipartito galego. Segundo asegurou, esas medidas están derivando nun «proceso de imposición» que, na súa opinión, «aboca paulatinamente a un monolingüismo en galego no ensino e na Administración».