Compostela concentra os actos do Día das Bibliotecas
CONTARÁN COA PRESENZA DE AGUSTíN FERNÁNDEZ PAZ
A celebración do Día das Bibliotecas promove actos neste tipo de centros por todo o país. Inauguración de clubs de lectura, exposicións ou xornadas de portas abertas conmemoran esta data. No entanto, é a biblioteca Ánxel Casal de Compostela a que concentrarás os actos oficiais. Para alén doutras propostas, ás sete e media da tardee o centro acollerá a lecutra do pregón a cargo do recente Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Agustín Fernández Paz. Canda a el, participarán no evento a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, o director xeral do Libro do Ministerio de Cultura, Rogelio Blanco, o presidente da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil, Antonio Fernández.