2º ESO NO CONCERTO "NA VIRADA"
O 4 de marzo, a proposta do departamento de música, o alumnado de 2º da ESO, fomos o Auditorio de Galicia escoitar un concerto do grupo Na Virada.
Previamente traballamos nas aulas alguns asuntos vencellados a este tipo de actividades musicais: os locais para a música e os códigos de conduta –diferentes segundo os locais e a clase de concertos-; o tipo de grupo e as músicas que fai. Os ointes e o respecto polo traballo dos músicos.O folclore, o folk e outras músicas de autor.
Escoitamos músicas dos dous discos que até o momento puxeron no mercado. No segundo, SOLAINA, un lindo disco-libro fermosamente ilustrado no que musican a poetas galego-portugueses. A alma mater de Na Virada é Xico de Cariño e o grupo naceu dunha asociación cultural con pequenos no Morrazo.
O alumnado, organizado en grupos cunha persoa coordenadora, realizaria un traballo que submeteriamos a avaliación e votación na aula premiando o mellor.
En 2º B foinos máis fácil organizar e decidir porque os grupos eran da propia aula.
2ºA e C xuntamonos facendo os grupos mixtos, asi que todo se complica un pouco máis –de feito ainda está pendente a votación definitiva- pero a experiencia é tamén interesante.
Ademáis do concerto, visitamos o Museo do Pobo Galego, a igrexa de San Domingos de Bonaval –e a exposición “100 anos do himno galego”- e o Panteón de Galegos Ilustres onde lembramos a Castelao, a Rosalía Castro, a Domingo Fontán.
Outro grupo, mentres, acudiron ao Centro Galego de Arte contemporánea.
Aqui tedes o traballo que eliximos gañador en 2ºB. Nel participaron Adrián Amor, Irimia Muelas, Marta López, Javier Beade e Xacobe Freire. Todos contribuiron coa súas cámaras, plumas, grabadoras, ordenadores e traballo en equipo.