LENDA DE SANTA MINIA

Minia era unha nena normal que vivía cos seus pais en Roma. Aos 14 anos matárona por defender a súa relixión.

Como non tiña tumba familiar enterrárona na tumba de Santa Inés cunha lápida de mármore onde constaba que era virxe e mártir, e tamén o seu nome "Minia in Sonmo pacis" que significa: Minia no sono de paz.

Estos restos foron traídos o 17 de abril de 1873 polo bispo Bartolomé Menochio, logo este entregoullos a Francisco Arieta, este cedeullos a Tomás Anduja, quen ao morrer pasaron a Jose Finoquio que llos entregou a Luís Tobío o 27 de Outubro de 1847.

O 17 de novembro o arcebispo compostelán dispuxo que a colocaran na igrexia parroquial para a súa veneración pública onde votou 20 anos.

As reliquias da santa transladáronse da igrexia parroquial ata un novo templo construído no seu nome. Isto ocorreu o 26 de decembro de 1868.

A Santa cambiouse en 1905, porque se di que lle medraba o pelo e botaba sangue.

Todos os 27 de setembro se celebra a festa na súa honra desde setembro de 1868.

 

Nome e apelidos do informante: Ermitas Esparís Hombre.

Idade: 72 anos

Enderezo: Vilar- Viceso- Brión.

Nome e apelidos das persoas que recolle a información:

María Martínez Rey; enderezo: Vilar- Viceso-Brión

Ivana Neira Tronceda, enderezo: Coruxido-Bastavales-Brión