STAT WARS:A REBELIÓN DOS DATOS
O pasado 28 de marzo tivemos o pracer de levar a cabo no noso centro o taller STAT WARS: A REBELIÓN DOS DATOS, o cal conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Rede Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET).
Este proxecto de divulgación científica trata de acercar a Estatística ao alumnado da ESO, dun xeito innovador e divertido. O obxectivo é transmitir que a estatística pode ser unha ferramenta imprescindible en distintas disciplinas (Medicina, Deporte, Redes Sociais...) para resolver situacións e problemáticas ás que hoxe en día se enfrenta a sociedade.
Damos as grazas as ponentes por facer posible no noso centro esta actividade e que a "Forza as acompañe, para seguir divulgando a Estatística!!"