FORMACIÓN DE USUARIOS: Visitas guiadas a biblioteca de todos os niveis educativos

Dentro do Programa de Mellora das Bibliotecas Escolares e no apartado de Formación de usuarios queremos promover entre o alumnado o coñecemento e as posibilidades de formación, información e lecer que a nosa biblioteca ofrece. Para tal fin, dende hai varios anos, véñense programando a comezos de curso unha serie de visitas guiadas á biblioteca de todo o alumnado do centro.

Segundo o nivel educativo, a charla orientase nun senso ou outro, atendendo aos contidos impartidos en anteriores visitas. Así, aos alumnos de 1º da ESO preséntaselle a biblioteca por primeira vez, orientándoos sobre a súa organización, servizos e funcionamento.

No resto de niveis educativos a charla introduce aos rapaces no aproveitamento dos recursos informativos que a biblioteca ofrece, facendo especial fincapé nas ferramentas que as novas tecnoloxías da información aportan aos usuarios das bibliotecas, como uso dos catalogos on-line, o apartado biblioteca na páxina web do centro e o uso das ferramentas que ofrece Internet para a procura de información.

As sesións, a cargo dun técnico en biblioteconomía, contan con apoio multimedia, imprescindible para garantir a comprensión do crecente papel das novas tecnoloxías no acceso a información e aos contidos culturais e educativos.


Visitas formativasVisitas formativas

Preme nas imaxes para maximizalas

As visitas programadas, de todos os grupos e niveis educativos do centro, desenvolvéronse segundo o seguinte esquema:

DATA HORA GRUPO MATERIA PROFESOR/A

30 outubro

9:35 a 10:25

1º C

PROX. INTERD.

MARÍA

30 outubro

10,25 a 11,15

1º A

PROX. INTERD

MARÍA

31 outubro

9:35 a 10:25

1º B

C. SOCIAIS

OBDULIA

31 outubro

10,25 a 11,15

2º A

C. SOCIAIS

OBDULIA

2 novembro

9,35 a 10,25

2º B

C.NATURAIS

BAÑOS

2 novembro

10,25 a 11,15

2º C

MATEMÁTICAS

BRETAÑA

5 novembro

9,35 a 10,25

3º A

INGLÉS

PILAR

5 novembro

10,25 a 11,15

3º B

C. SOCIAIS

PEDRO

6 novembro

9,35 a 10,25

3º DIV

A. CIENTÍFICO

ÁNGEL

7 novembro

9,35 a 10,25

4º DIV

A. CIENTÍFICO

ÁNGEL

8 novembro

9,35 a 10,25

4º A

L. GALEGA

SUSO

8 novembro

10,25 a 11,15

3º C

MATEMÁTICAS

TOÑO

9 novembro

9,35 a 10,25

4º B

L. CASTELÁ

CONSUELO