ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO. CURSO 2020/2021

No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.  Segundo o cal restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma.

NOVO PRAZO: DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020

Este novo prazo é só para alumnado procendente de centros non adscritos ao IES de Brión que non presentou a solicitude no mes de marzo. O alumnado do centro adscrito (CEIP de Pedrouzos) xa está admitido.

PRAZO DE MATRÍCULA: do 1 ao 10 de xullo e do 1 ao 10 de setembro