Exposición Víctor Said Armesto. Didáctica
Enviado por Anónimo o Lun, 02/03/2015 - 16:15
A mostra "Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre", aberta na sede de A Coruña da Fundación Barrié ata o 15 de marzo, representa unha oportunidade única de achegar á comunidade educativa a vida e obra desta figura imprescindible da nosa cultura. A exposición conta cun programa educativo paralelo que inclúe visitas obradoiro para todos os niveis educativos e o concerto didáctico "Aires da Terra. O legado de Feijoo e Said Armesto" (venres 13 de marzo).