Novidades de marzo na biblioteca

Mes a mes, dende esta sección, queremos informar das últimas incorporacións ao catálogo da túa biblioteca escolar. Nesta ocasión presentamos algunhas das novidades recibidas ao longo das últimas semanas. Libros que xa podes atopar nos andeis e expositores para coller, ler na sala ou onde ti queiras.

Biografía de la física / George Gamow

Alianza Editorial, 2010

 
Biografía de la Física  

Dentro da tradición da gran divulgación científica, GEORGE GAMOW (1904-1968), destacado físico teórico que traballou con Niels Bohr, ocupa un lugar sobresaínte. Entre as súas achegas científicas destacan a proposta dun modelo nuclear, o concepto de «barreira de Gamow» (ou barreira potencial no interior do núcleo) e o modelo cosmolóxico do «Big Bang». BIOGRAFÍA DA FÍSICA expón a historia desta disciplina con admirable sinxeleza e rigor.

Materia: 1. Física-Historia

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais: CN-53/GAM/bio

 

De Voces Ceibes a Milladoiro : unha memoria do movimento popular da canción galega, 1973-1978 / Antón Seoane

Galaxia,  2013

 
De Voces ceibes a Milladoiro   Da man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza fundamental de Milladoiro, viaxamos polos anos anteriores á saída do primeiro disdo da mítica formación, ao tempo que se revisa unha época (a fin do franquismo) e un proxecto: o intento por construír unha música de nós e botar a andar un proxecto absolutamente diferente: Milladoiro.
O libro acompáñase dun CD no que Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, coa participación de Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manú Conde, Pancho Álvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandío, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dándolles nova vida, cancións emblemáticas do período 1973-1978, algunhas delas rexitradas para este proxecto por vez primeira.

Materia: 1. Milladoiro (Grupo musical). 2. Voces Ceibes. 3. Música popular-Galicia-1973-1978

Dispoñible na sección de Música: MUS/SEO/dev

 

Na lingua que eu falo [Rexistro sonoro] : Najla Shami canta a Rosalía Castro

Galaxia, 2013

 
Na lingua que eu falo  

Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ás veces profundo. Sempre suxestivo. "Na lingua que eu falo" é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos.

Materia:  1. Poesía galega-Adaptacións musicais

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: CD-784/SHA/nal

 

Ardalén / Miguelanxo Prado

El Patito Editorial,  2012

 
Ardalén  

Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo.
Miguelanxo Prado Mellor Autor Español por Ardalén no Salón do Cómic de Barcelona

Materia: 1. Banda deseñada. 2. Recordos-Cómics. 3. Emigración e inmigración-Cómics. 4. Mares e océanos-Cómics. 5. Soños-Cómics

Dispoñible na sección de BD: COM/PRA/ard

 

Feminismo para principiantes / Nuria Varela

Ediciones B, 2013

 
Feminismo para principiantes  

Feminismo para principiantes propón un apaixonante percorrido pola historia e polos temas que son obxecto do seu estudo. Suxire colocarse uns lentes violetas para percibir mellor como se ve a vida coa mirada feminista.

Materias: 1. Teoría feminista. 2. Feminismo-Historia

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-323/VAR/fem

La herida de Spinoza : felicidad y política en la vida posmoderna / Vicente Serrano

Anagrama, 2011

 
La herida de Spinoza  

A vida enteira de moitos ensaístas transcorre sen dar xamais cun tema. Este ensaio non só se topa cun tema, senón que mesmo se dá o luxo de aproveitalo. O tema é a felicidade. Non obstante, "La herida de Spinoza" é un libro de filosofía, non de autoaxuda. Parte dalgunhas conclusións recentes da neuroloxía, en particular das investigacións de Antonio Damasio acerca da impertinencia da secular división entre mente e corpo. O propio Damasio vincula as súas investigacións coas ideas que Spinoza expuxo na súa Ética. Para Damasio, a tranquila aceptación da morte, un dos sinais de identidade da ética de Spinoza de feito, a «ferida» de Spinoza, resulta «irritante».

Materia: 1. Política-Filosofía. 2. Felicidade. 3. Spinoza, Benedictus de

Dispoñible na sección de Filosofía.: FL-1/SER/her

 

Tu sexo es tuyo : todo lo que has de saber para disfrutar de tu sexualidad / Sylvia de Béjar

Booket, 2011

 
Tu sexo es tuyo  

O sexo non é algo que se remate na cama, que sucede durante un anaco e que cando remata se rematou e punto. É moito máis. Se te sentes realmente satisfeita, perfecto. Pero se non é así ou tes dúbidas ou cres que podería mellorar, non te conformes, nin mires cara a outro lado, nin te digas que é só un aspecto máis da túa vida ou da túa relación: o sexo é importante. De aí este libro, que inclúe todo o que has de saber (e ha de saber el) para comprender a túa sexualidade, reflexiona con sinceridade sobre algúns dos temas que preocupan a moitas mulleres e expón (non impón) algunhas ideas, fíos dos que tirar. É probable que esteas de acordo en moitos temas, noutros discreparás, pero, en calquera caso, a súa lectura farate pensar na túa sexualidade e gozar (moito máis) dela. Porque o teu sexo é (aínda máis) teu.

Materia: 1. Mulleres-Conducta sexual

Dispoñible na sección de Orientación sexual e afectiva: OA-613/BÉJ/tus