Novidades de febreiro

Febreiro comeza e, co novo mes, chegan á biblioteca máis fondos que veñen a enriquecer o noso catálogo. Nesta ocasión presentamos varios títulos que xa podes atopar no expositor de novidades da túa biblioteca escolar.

Punto de fuga (BD) / Miguel Cuba

Demo, 2011

 
Punto de fuga  

A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida.

Materia: 1. Banda deseñada. 2. Crítica social-Cómics. 3. Vida cotiá-Cómics. 4. Santiago de Compostela-Cómics. 5. Mozos-Cómics. 6. Busca da identidade propia-Cómics

Dispoñible na sección de BD: COM/CUB/pun

 

La conquista islámica de la Península Ibérica y la tergiversación del pasado : del catastrofismo al negacionismo / Alejandro García Sanjuán

Marcial Pons Historia, 2013

 
La conquista islámica de la Península Ibérica   A conquista islámica de 711 constitúe un dos episodios máis importantes e, á vez, máis controvertidos e terxiversados da historia de España. O españolismo nacionalcatólico xerou unha visión denigratoria baseada nunha lectura catastrofista (a «perda de España»), mentres que, pola contra, a tradición árabe promoveu un paradigma mitificador baseado na idea da misión civilizadora do Islam. A manipulación deste relevante feito histórico alcanza as súas máximas cotas coa corrente negacionista, que pretende desvincular a orixe de Al-Andalus da conquista e representa unha vulgar fraude historiográfica executada sobre a manipulación, nuns casos, e o evito, noutros, dos testemuños históricos. Ademais dunha refutación crítica de todas estas lecturas deformantes, a presente obra achega unha visión de conxunto da conquista de 711, conectando este acontecemento co problema das orixes do Islam e a situación do reino visigodo de Toledo a través dunha nova lectura das fontes históricas na que, por vez primeira, se toma en consideración tanto a información procedente do rexistro literario (latino e árabe) como arqueolóxico (moedas e selos de chumbo).

Materia: 1. Al-Andalus-Historia. 2. España-Historia-711-1492 (Reconquista)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-94/GAR con

 

Transformar el mundo : revoluciones burguesas y revolución social / Neil Davidson

Pasado & Presente, 2013

 
Transformar el mundo  

Neste libro o profesor Davidson analiza e compara os casos inglés, alemán e francés para extraer a resposta ao dilema: Foron realmente revolucionarias as revolucións burguesas? Que erros de análise padeceron polas distintas escolas historiográficas? e, o máis importante: Como influíron nos posteriores movementos revolucionarios que chegan ata os nosos días?

Materia:  1. Revolucións-Historiografía

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-323/DAV/tra

 

As rapazas de Xan / Manuel Iglesias Turnes

Xerais,  2012

 
As rapazas de Xan  

De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.

Materia: 1. Amor-Novelas. 2. Vida rural-Novelas. 3. Galicia-Novelas. 4. Emigración e inmigración-Galicia-Novelas. 5. Postguerra-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua galega e Literatura: GAL-N/IGL/rap

 

50 teorías filosóficas intelectualmente estimulantes / Barry Loewer

Blume, 2010

 
50 teorías filosóficas  

«Penso, logo existo», o existencialismo, o materialismo dialéctico? O método socrático e a deconstrucción? Seguro que sabe o que significan. Sen dúbida oíu falar deles. Pero, sabe o suficiente para poder participar nun debate informal ou sorprender cos seus coñecementos? Tanto se somos conscientes diso coma se non, todos posuímos crenzas filosóficas. Á fin e ao cabo, as crenzas e as vidas daqueles que reflexionan sobre elas non son moi diferentes das crenzas e das vidas daqueles que non o fan. A filosofía é divertida e nestas páxinas encontrarás as ideas máis cativadoras, máis enxeñosas, máis asombrosas, e ás veces inquietantes, que xamais a humanidade albergase.

Materias: 1. Filosofía-Teorías

Dispoñible na sección de Filosofía: FL-1/LOE/50

 

Se suspende la función / Fernando Lalana

Anaya, 2008

 
Se suspende la función  

«Estimados amigos, espectadores novos, amado público...Exem...! Isto... Podería explicarse alguén que demos estades a facer aquí? Porque... non teredes vido, por casualidade, a ver unha función de teatro?».

Materia: 1. Humor-Teatro. 2. Teatro-Teatro. 3. Personaxes de ficción-Teatro

Dispoñible na sección de Ling. castelá e Lit.: LES-T/LAL/ses

 

2083 / Vicente Muñoz Puelles

Edebé, 2010

 
2083  

Estamos no ano 2083. A pesar do cambio climático, a erosión da cuberta vexetal, a seca e o avance imparable dos desertos, a vida no Hemisferio Norte non cambiou demasiado. David, orfo de nai, cumpre cos seus estudos na teleclase e o seu pai traballa nunha axencia de viaxes que garante visitar o interior dos libros, xa que estes desapareceron como obxectos de papel, pero se conservan na web. As viaxes virtuais a esas historias literarias do pasado nunca interesaran ao mozo, ata que aquel verán... 

Materia: 1. Amor-Novelas. 2. Realidade virtual-Novelas. 3. Lectura-Novelas. 4. Viaxes fantásticas-Novelas. 5. Futuro-Novelas. 6. Libros-Novelas

Dispoñible na sección de Ling. castelá e Lit.: LES-N/MUÑ/2083