Novidades novembro: 2ª parte

Continuamos co noso escaparate de novidades do mes de novembro. Agora é hora de presentar as últimas incorporacións en lingua castelá. Xa as podes consultar no expositor de novidades da túa biblioteca escolar.

 

El faro de los acantilados / J. L. Martín Nogales

Anaya, 2013

 
El faro de los acantilados  
Nun pequeno pobo do norte, mentres o país se encontra sumido en plena Guerra Civil, o mestre desapareceu sen deixar rastro. Os seus alumnos, Blanca, Yago, Fátima e David, non se resignan á ausencia e comezan a súa busca, sen ser conscientes de onde se internan. Un caderno con escritos do mestre, os seus libros con anotacións e o misterioso fareiro pouco a pouco achegarán pistas. A través dos libros irán coñecendo o que era o seu mestre e serán seducidos polo murmurio da literatura.

Materia: 1. Misterio-Novelas. 2. Mestres-Novelas. 3. Intriga-Novelas. 4. Guerra civil española, 1936-1939-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua casteñá e Literatura: LES-N/MAR/far

 

 

 

Yo soy Malala / Malala Yousafzai

Alianza, 2013

 
Yo soy Malala  

Eu son Malala, de Christina Lamb e Malala Yousafzai, é o excepcional relato dunha familia desterrada polo terrorismo global, da loita pola educación das nenas, dun pai que, el mesmo propietario dunha escola, apoiou a súa filla e alentouna a escribir e a ir ao colexio, e duns pais valentes que queren a súa filla por riba de todo nunha sociedade que privilexia os fillos varóns. Eu son Malala fainos crer no poder da voz dunha persoa para cambiar o mundo. Malala Yousafzai deuse a coñecer aos once anos cun blog para o servizo en urdú da BBC, no que, baixo o pseudónimo Gul Makai, escribía sobre a loita da súa familia pola educación das nenas na súa comunidade.

Materia: 1. Yousafzai, Malala. 2. Dereiro á educación-Pakistán. 3. Pakistán-Situación social

Dispoñible na sección de biografías: B/YOU/yos

 

Tuerto, maldito y enamorado / Rosa Huertas

Edelvives, 2012

 
Tuerto, maldito y enamorado  

A vida de Elisa cambia o día que decide axudar á súa irmá a preparar un traballo de Literatura sobre Lope de Vega e visita os estantes da biblioteca do instituto, onde habita un espectro vesgo sobre o que pesa unha terrible maldición. Só ela pode liberalo, pero antes terá que resolver o misterio da identidade da fantasma e desvelar a súa historia de amor. Tras algunhas visitas á casa do famoso dramaturgo, descobren que a maldición foi proferida por este no seu leito de morte despois de que a súa filla se fuxise cun amante e Lope fixese cómplice a Lorenzo, a fantasma, da súa fuxida e perda. Elisa e o seu amigo Ricardo conseguirán romper o maleficio trasladando ao espectro ata a casa do dramaturgo, onde se fundirá definitivamente nun espello coa súa amada perdida, a filla de Lope.

Materia:  Amor-Novelas. 2. Misterio-Novelas. 3. Amizade-Novelas. 4. Madrid-Novelas. 5. Pantasmas-Novelas. 6. Memoria-Novelas. 7. Libros-Novelas. 8. Maldicións-Novelas. 9. Vega, Lope de-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/HUE/tue

 

Mecanoscrito del segundo origen / Manuel de Pedrolo

Anaya,  2013

 
Mecanoscrito del segundo origen  

Cando Alba se tira ao río para rescatar a Dídac, un rapaz mulato ao que empurraron á auga outros rapaces, prodúcese un ataque alieníxena. Xusto nese instante no que Alba e Dídac están baixo a auga, o mundo, tal e como o coñeceron ata entón, deixa de existir. Cando saen á superficie, atónitos, descobren o acontecido e se van decatando de que parecen ser os únicos superviventes. Tras o shock inicial, a loita pola supervivencia imponse. Ata que ambos os dous caerán na conta de que deles depende a construción dun novo mundo e preservar aquilo do pasado que se poida conservar, como por exemplo os libros. Alba e Dídac converteranse nos novos pais da humanidade porque decidirán ser a orixe en lugar do final.

Materia: Amor-Novelas. 2. Adolescencia-Novelas. 3. Supervivencia-Novelas. 4. Libros-Novelas. 5. Extraterrestres-Novelas. 6. Robinsóns-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/PED/mec

 

El ponche de los deseos / Michael Ende

Anaya, 2013

 
El ponche de los deseos  

O bruxo Belcebú Sarcasmo e a súa tía, a bruxa Tirania Vampir, queren facer un ponche especial o día de Nochevieja, para desatar miles de calamidades polo mundo. Pero dous animais moi listos intentarán impedirllo.

Materias: 1. Meigas-Novelas. 2. Bruxas-Novelas. 3. Gatos-Novelas. 4. Nadal-Novelas. 5. Maxia-Novelas. 6. Magos-Novelas. 7. Dinosauros-Novelas

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/END/pon

 

El árbol de la mujer dragón y otros cuentos / Ana María Shua

Anaya, 2013

 
El árbol de la mujer dragón  

Quen son as mulleres que protagonizan os contos deste libro? Son especiais, únicas, diferentes das mulleres que coñecemos e coas que tratamos todos os días? Son distintas das nais, as mestras, as médicas, as policías, as tías, as profesoras, as irmás, as enxeñeiras, as avoas do mundo real? É posible que algunhas sexan máis fortes ou máis valentes ou máis intelixentes que a maioría. Pero case todas son simplemente mulleres comúns ás que a vida levou a situacións tan difíciles que só podíanse resolver dunha forma extraordinaria.

Materia: 1. Encantamentos-Contos. 2. Lendas. 3. Mulleres-Contos. 4. Poderes máxicos-Contos

Dispoñible na sección de Lingua castelá e Literatura: LES-N/SHU/árb

 

1688: La primera revolución moderna / Steve Pincus

Acantilado, 2013

 
1688  

Durante tres centurias, os académicos e os intelectuais identificaron a Revolución Gloriosa de Inglaterra, de 1688-1689, unicamente como un momento crucial na excepcional historia de Inglaterra, asociándoa ás orixes do liberalismo. O vello relato resalta a revolución de 1688-1689 como un gran momento no cal os ingleses refenderon o seu particular forma de vida, de xeito incruento e consensuado. A idea que propón Steve Pincus neste libro é que os revolucionarios ingleses crearon, por medio dunha revolución-a primeira e auténtica revolución moderna por enriba da francesa-moito máis sanguenta do que se cría ata agora, un novo tipo de Estado moderno, que tería suposto un auténtico antes e despois na historia de Europa e na conformación do mundo moderno tal como o coñecemos hoxe.

Materias: 1. Revolucións-S. XVII-Inglaterra. 2. Gran Bretaña-Historia-1688 (Revolución)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais: CS-94/PIN/1688

 

Éxito para perdedores / David Cantolla, Juan Díaz-Faes

Astiberri, 2012

 
Éxito para perdedores  

A vida de David Cantolla foi unha pura montaña rusa. Envolvido na burbulla financeira creada en torno a internet a principios de 2000 -forma parte da xestación dun dos proxectos pioneiros de internet en España e referente internacional-, pasou da riqueza á ruína en menos tempo do que se tarda en contalo. Non bstante, o seu incansable carácter de emprendedor e as súas gañas de deixar algo duradeiro tras de si lévano a converterse nun dos creadores de "Pocoyó", serie de animación infantil que se converte nun grande éxito comercial e que se vendeu nos cinco continentes. Hoxe, algúns anos despois, segue fundando compañías e os seus videoxogos ("Basketdudes"...) e series ("Jelly Jamm" vense en máis de 120 países.

Materias: 1. Banda deseñada. 2. Vida cotiá-Cómics. 3. Relacións personais-Cómics. 4. Cantolla, David. 5. Éxito-Cómics

Dispoñible na sección de Banda deseñada: COM/CAN/éxi