ESTUDAR LONXE DA CASA
Ana Souto Villanustre, alumna de 2º de bacharelato escribiu o seguinte texto ao fío da nova "É irónico que teña que vir a EEUU estudar as literaturas da miña casa" publicada en "El correo Gallego".
Sabela Pena, veciña de Ons e antiga alumna do centro, cruzou o gran charco para mergullarse nunha nova aventura nos Estados Unidos. Esta moza brionesa, licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC, está traballando como profesora na Universidade de Bouler, actividade que compaxina coa elaboración da súa tese. A falta de opotunidades en España impulsouna a buscar alternativas e aceptou a oferta da gran potencia americana, aínda que sente a morriña da terra. Aqueles que ao igual que Sabela pasamos unha temporada fóra da casa, sabemos moi ben o que se sente. Viaxar, vivir novas experiencias, coñecer outros paises e facer amigos resulta algo tentador, pero a terra sempre se leva no corazón e o feito de estar fóra, ao mesmo tempo, tamen fai que un valore máis o que deixou atrás.