A LINGUA DAS BOLBORETAS

A película de José Luís Cuerda A lingua das bolboretas  baseada en tres contos do libro Que me queres, amor de Manuel Rivas: "A lingua das bolboretas", "Carmiña" e "Un saxo na néboa", estes dous últimos engarzados no primeiro relato, cóntanos como eran as escolas da II Reública e termina coa represión iniciada ao inicio da Guerra Civil contra os republicanos e sobre todo contra os mestres que estaban introducindo unha didáctica nova. Podedes ver todo isto nunha Unidade didáctica feita no IES de Curtis: Curtis de Cine: A LINGUA DAS BOLBORETAS

Contesta ás seguintes cuestións:

1. Por que ten medo Moncho a ir á escola? Que lle sucede o 1º día na escola?

2. Que novidades levou o mestre á escola? Enuméraos e coméntaos.

3. Que fai o pai de Xosé María e con que finalidade? E o cura?

4. " Carmiña" é un conto intercalado. Fai un resumo.

5. O outro relato intercalado na narración da película é "Un saxo na néboa". Describe aos personaxes.

6. Cando se xubila don Gregorio fanlle unha homenaxe na vila. Que di el no seu discurso e que fai o cacique?

7. Por que muda a situación e algunha xente?

8. Fai unha sinopse do filme. Despois un comentario persoal e razoados