Un novo espazo de lectura informal

Habitualmente esta é a sección onde presentamos as últimas novidades bibliográficas e audiovisuais. Mais, nesta ocasión, queremos falar dun novo espazo que ven de enriquecer a nosa biblioteca. Trátase dun punto de lectura informal que aporta á sala un toque de cor e calidez. Un recuncho pensado para ler comodamente, que fica xunto ao expositor de prensa e novidades.

Lectura informal na biblioteca

Convidámosche a coñecelo na biblioteca escolar "Roberto Vidal Bolaño", a biblioteca do IES de Brión. A túa biblioteca.