Un outubro cheo de novidades: DVD

Iniciamos un novo curso e, nada máis empezar, xa temos que falar de novos libros e DVDs. Nesta ocasión, queremos presentar as últimas incorporacións en videodisco dixital, un formato que cada vez ten maior presencia na nosa biblioteca. Nesta ocasión as novidades en DVD son variadas: cine, series de TV e documantais sobre a Historia de España. A que esperas, ven a biblioteca a coñecelos!

Bananas [DVD] / dir. Woody Alen

Twentieth Century Fox Home Entertainment, 2011

 
Bananas  
Película cinematográfica. Nacionalidade: Estados Unidos, 1971. -- Int.: Woody Allen, Louise Lasser, Carlos Montalbán, Natividad Abascal, Miguel Ángel Suárez, Jacobo Morales, David Ortiz, René Enríquez, Jack Axelrod, Danny DeVito, Sylvester Stallone. -- Sinopse:  Fielding Mellish é un torpe e tímido catador de produtos, que, abandonado pola súa noiva, a sensual e atractiva Nancy, decide collerse unhas vacacións e pasalas na pequena República de San Marcos. Pero o único que consegue é verse envolvido nunha morea de leas burocráticas nun país dominado pola guerrilla. Todo se complica aínda máis cando, despois da conquista do poder polos guerrilleiros, o seu líder se volve completamente tolo. Teñen, pois, que tomar unha decisión drástica: substituír o seu líder por Mellish coa esperanza de que el poderá salvar o país. Pero Mellish é secuestrado polo FBI, xulgado e acusado de subversión. -- Idiomas (mono): castelén, inglés, alemán, francés, italiano. Subtít.: castelán, inglés, francés, alemán, italiano, nederlandés, danés, noruego, sueco, finés. -- Non recomendada a menores de 18 anos   


Materia:  1. Cine de comedia-Videogravacións. 2. Crítica social-Películas. 3. Humor-Películas. 4. Dictaduras-Películas. 5. Sátira política-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / BAN

 

La vaquilla [DVD] / dir. Luis G. Berlanga 

Filmax Home Video,  2007

 
La Vaquilla  
Película cinematográfica. Nacionalidade: España, 1985. -- Int.: Alfredo Landa, Santiago Ramos, Juanjo Puigcorbé, Guillermo Montesinos, José Sacristán, Carlos Velat, Eduardo Calvo, Violeta Cela. -- Sinopse:  Guerra Civil Española. Na fronte, un grupo de soldados limítase a escribir cartas ou a durmir. Pero a tranquilidade rompe cando un altofalante da Zona Nacional anuncia que, con motivo da Virxe de Agosto, se vai celebrar nun pobo próximo unha corrida. Cinco combatentes da Zona Republicana deciden roubar a vaquilla para arruinalo a festa ao inimigo e conseguir a comida que necesitan. -- Idiomas (2.0): castelán. -- Non recomendada a menores de 13 anos

Materia: 1. Cine de comedia-Videogravacións. 2. Humor-Películas. 3. Soldados-Películas. 4. España-Historia-1936-1939 (Guerra Civil)-Películas. 5. Corridas de touros-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / VAQ

 

 

 

El Conde de Montecristo [DVD] / dir.  Josée Dayan 

Track Media, 2012

 
El Conde de Montecristo  
Mini serie de TV. Nacionalidade: Francia-Italia-Alemaña, 1998. -- Int.: Gérard Depardieu, Ornella Muti, Jean Rochefort, Pierre Arditi, Florence Darel, Christopher Thompson, Stanislas Merhar, Julie Depardieu, Hélène Vincent, Michel Aumont, Constanze Engelbrecht, Roland Blanche, Georges Moustaki, Jean-Claude Brialy, Serge Merlin, Inés Sastre, Sergio Rubini, Jean-Marc Thibault, Guillaume Depardieu. -- Sinopse:  Miniserie de televisión que adapta o clásico de Alejandro Dumas. Edmond Dantès é un mozo mariño cunha brillante carreira por diante. Non obstante, o mesmo día da súa voda con Mercedes é acusado inxustamente dun crime que non cometeu e enviado aos alxubes da prisión da illa de If. Alí coñece un sabio abate, que lle revela a situación dun tesouro. Despois de vinte anos en prisión, consegue escapar e, convertido por un azar do destino nun home rico e poderoso, dedicará a súa vida a vingarse daqueles que un día intentaron destruílo. -- Idiomas (2.0): castelán, francés. -- Para todos os públicos

Materias: 1. Cine dramático-Videogravacións. 2. Literatura no cine-Películas. 3. Xustiza-Películas. 4. Vinganza-Películas
  


Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / CON

 

 

 

El legado celta [DVD] / dir. José Manuel Novoa 

Explora Films,  2011    

 
El legado Celta  

  Película documental. Nacionalidade: España, 2011. -- Sinopse:  Unha ambiciosa produción que dá a coñecer a singular cultura dos castros galegos comparándoa con outros lugares de Europa de entón, Bretaña, Irlanda, Escocia, etc. Neste documental abórdase a historia do noroeste da península ibérica dende a época megalítica ata a romanización da cultura castreña. -- Idiomas: Castelán. -- Aut. para todos os públicos

Materia: 1. Celtas-Galicia-Videogravacións

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-930 / LEG

 

 

Los enigmas del mar [DVD]

39 Escalones Fims,  2012

 
Los enigmas del mar  

Película documental. Nacionalidade: España. -- Sinopse: Serie docmental de 10 cap. na que se fai un completo percorrido polos usos do mar a mans do home. Unha viaxe ao longo da historia da humanidade que nos levará dende o madeiro flotante ata os máis sofisticadossistemas de penetración submarina. -- Idiomas (2.0): castelán, inglés. -- Apta para todos os públicos.

Contén: DVD 1. Cap. 1: Naves de la antigüedad Cap. 2: La náutica en el Renacimiento Cap. 3: Expansión oceánica portuguesa Cap. 4: Expansión oceánica española Cap. 5: De la vela al vapor DVD 2. Cap. 6: La tierra y el mar Cap. 7: Mar viviente Cap. 8: Ingeniería naval Cap. 9: Ingeniería marítima Cap. 10: Futuro azul

Materia: 1. Mares e océanos-Videogravacións

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-551 / ENI

 

 

Memoria de España [DVD] / dir. produc. executiva, Luis Martín del Olmo

Divisa Home Vídeo,  2011

 
Memoria de España   Serie de TV documental. Nacionalidade: España, 2004. -- Narradora, Marta Barriuso. -- Sinopse:  Serie de TV. 26 capítulos. A serie documental que bateu todos os records de audiencia. Unha colosal serie documental que aborda o reto de narrar toda a Historia de España, dende os primeiros poboadores ata a actualidade, para achegar a Historia ao maior número de persoas. -- Idiomas: castelán. Subtít.: castelán para xordos. -- Aut. para todos os públicos. -- Inclúe os extras seguintes: Cronoloxía, Comentario do realizador, Comentario do historiador, Comentario do músico, Banda sonora illada, Guión dos capítulos, Cómo se fixo, Galerías: a serie, a produción; Anuncios, Fichas, Temas musicais alternativos e Pista DVD-ROM: o guión dos capítulos. -- Distribuído nunha caixa de cartón formando o pack "Historia de España" xunto con: "La Transición", "Adolfo Suárez, el presidente" y "23-F, el día más difícil del rey"

Contén: DVD 1. En el inicio de los tiempos  De altamira al útil de metal DVD 2. Tarteso, el reino legendario de Argantonio S.VIII-S.VI a.c.  Las grandes potencias se disputan Iberia S.VI-38 a.c. DVD 3. Hispania, un producto de Roma 38 a.c  Del imperio cristiano a los Reinos Bárbaros DVD 4. El Islam y la resistencia cristiana  La disgregación del Islam andalusí y el avance cristiano DVD 5. La península de los cinco reinos  La época de las calamidades DVD 6. Los Reyes Católicos + Extra  La Alhambra, su magia y su misterio DVD 7. América, un mundo nuevo  Carlos V, un monarca, un imperio y una espada DVD 8. La España de Felipe II, un imperio sin emperador  La decadencia política del Siglo de Oro DVD 9. La decadencia de un imperio, de los Austrias a los Borbones  La nueva España de Felipe V. Carlos III, luces y sombras del reformismo ilustrado DVD 10. A la sombra de la revolución  ¡ Vivan las caenas! DVD 11. Por al senda liberal  ¡ Viva España con honra! DVD 12. El regreso de los Borbones  Alfonso XIII DVD 13. España, España  ¡ Franco, Franco, Franco! DVD 14. España en libertad + Extras: Juan Carlos I, 25 años de reinado, Cómo se hizo Memoria de España y Resumen-presentación de Memoria de España

Materias: 1. España-Historia-Videogravacións

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-94 / MEM
 

Adolfo Suárez : el presidente [DVD] / dir. Sergio Cabrera

Divisa Home Vídeo,  2010

 
Adolfo Suárez  

Película cinematográfica e película documental. Nacionalidade: España, 2010. -- Int.: Ginés García Millán, Toni Acosta, Fernando Cayo, Jesús Noguero, Juana Acosta, Mario Pardo, Mariano Venancio, Ramón Barea, Luis Rallo, Borja Elgea. -- Sinopse: Biopic televisivo que repasa a traxectoria política e persoal de Adolfo Suárez, destacada personalidade española da Transición española. A película narra a súa vida dende a súa xuventude ata o 29 de xaneiro de 1981, data na que presenta a súa dimisión como Presidente do Goberno. -- Idiomas: castelán. Subtít.: castelán para xordos. -- Non recomendado a menores de 13 anos. -- Distribuído nunha caixa de cartón formando o pack "Historia de España" junto con "Memoria de España", "La Transición" y "23-F, el día más difícil del rey"

Contén: DVD 1. Serie, making off, promo, galería DVD 2. Documental: Retrato de un presidente (58 min.)

Materias: 1. Suárez González, Adolfo(1932-)-Biografías-Videogravacións. 2. Presidentes de goberno-España-Videogravacións

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / ADO

 

 

La transición [DVD] / una serie documental de Victoria Prego y Elías Andrés

Divisa Home Vídeo,  2009

 
La Transición   Serie documental. Nacionalidade: España, 1995. -- Sinopse: Serie de Televisión Española de 13 capítulos que retrata a evolución política no noso país dende o asasinato en decembro de 1973 do almirante Luis Carrero Blanco, presidente do Goberno, ata as eleccións democráticas de xuño de 1977 nas que se impuxo a Unión de Centro Democrático (UCD) de Adolfo Suárez. -- Idiomas: castelán 2.0. -- Para todos os públicos. -- GDistribuído nunha caixa de cartón formando o pack "Historia de España" xunto con "Memoria de España", "Adolfo Suárez, el presidente" y "23-F, el día más difícil del rey"

Contén: DVD 1. El asesinato de Carrero Blanco  El espíritu del 12 de febrero. La revolución de los claveles DVD 2. El fín del aperturismo  La llegada clandestina de Felipe González DVD 3. La muerte de Franco  Juan Carlos I, Rey de España DVD 4. El primer Gobierno de la monarquía  La dimisión de Arias Navarro DVD 5. Adolfo Suárez, presidente del Gobierno  El último pleno de las Cortes franquistas DVD 6. El referéndum para la reforma  Las primeras Cortes democráticas

Materias: 1. España-Historia-1975-1978 (Transición democrática)-Videogravacións

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-94 7 TRA
 

23-F : el día más difícil del Rey [DVD] / dirigida por Silvia Quer

Divisa Home Vídeo,  2009

 
23F  

Película para TV. Nacionalidade: España, 2009. -- Int.:  Lluís Homar, Emilio Gutiérrez Caba, Mónica López, Juan Luis Galiardo, José Sancho, Manel Barceló, Jordi Dauder, Pep Munné. -- Sinopse: Relato do golpe de estado sucedido en España en 1981. O día no que Leopoldo Calvo Sotelo vai ser nomeado Presidente transcorre normal en Zarzuela. A axenda dos Reis, o colexio do Príncipe e as Infantas, os compromisos oficiais... a cotianidade en Zarzuela contrasta cos preparativos do intento de golpe de Estado dun grupo de militares. No pazo da Zarzuela, o luns 23 de febreiro de 1981 preséntase como un día máis. A axenda do Rei Juan Carlos non marca ningún evento especial. A axenda política inclúe a votación de investidura do novo Presidente do Goberno, tras a dimisión de Adolfo Suárez, sen que se espere ningunha sorpresa. Pero ás 6:23 da tarde, os acontecementos tomarán un rumbo inesperado. Cando Don Juan Carlos está a punto de deixar o seu despacho para xogar un partido de squash cuns amigos, o tenente coronel Tejero irrompe no Congreso e secuestra os deputados e o Goberno en pleno, á espera da chegada dunha autoridade militar que non se nomea. -- Idioma: castelán. -- Non recomendada a menores de 7 anos. -- Distribuído nunha caixa de cartón formando o pack "Historia de España" xunto coa "Memoria de España", "La Transición" e "Adolfo Suárez, el presidente"

Contén: Disco 1: Serie, Extras Disco 2. Documentais: " 18 horas de tensión" (1986)  " Quince años después" (1996). " 23-F: Radiografía del golpe" (2001). " 23-F: Regreso a los cuarteles" (2006)

Materias: 1. Cine histórico-Videogravacións. 2. Documentais. 3. Series de televisión-España. 4. Golpes de Estado-España

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / 23F