Maio: novidades audiovisuais

Co mes de maio chegan novos títulos en DVD a biblioteca do centro. Son varias películas, pero tamén unha interesante serie documental de temáticas histórica. Pasa e bota unha ollada...

18 comidas / Jorge Coira

Avalon, 2011

 
18 comidas  
Película cinematográfica. Nacionalidade: España, 2010. -- Int.: Luis Tosar, Esperanza Pedreño, María Vázquez, Cristina Brondo, Sergio Peris Mencheta, Víctor Clavijo, Juan Carlos Bellido, Víctor Dupla, Xosé Barato, Pedro Alonso, Milan Tocinovski. -- Sinopse: 18 comidas conta seis historias ao longo dun único día de ficción. Unha película de formato pouco convencional -con guión pero con diálogos abertos á improvisación- que viaxa a través de dezaoito comidas -almorzos, xantares e ceas- que nos fan partícipes dalgúns deses momentos que poden cambiar unha vida... -- Idiomas (5.1): castelán, galego, inglés e macedonio. Subtít.: castelán, galego e inglés. -- Aut para todos os públicos 


Materias: 1. Cine de comedia-Videogravacións. 2. Vida cotiá-Películas. 3. Cine dramático-Videogravacións. 4. Comidas-Películas. 5. Relacións persoais-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791/18

 

 

 

Crebinsky / Enrique Otero 

S.N.  2011

 
Crebinsky  
Película cinematográfica: Nacionalidade: España, 2011. -- Int.: Miguel De Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Yolanda Muiños, Farruco Castromán, Oliver Schultz, Patricia De Lorenzo, Iván Marcos, Jorge Taboada, Antía Baget, Óscar Pombo, Manuel Cortés, Oliver Bigalke, Roberto Sánchez, Pepe Soto, Danny Raatzke. -- Sinopse: As choivas torrenciais provocan a enchente dun río, cuxas augas inundan un pobo. A corrente arrastra aos irmáns Crebinsky e á súa vaca, que reaparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa. Instalados alí, ao pé dun faro, sobreviven recollendo o que trae o mar. Illados dos conflitos bélicos, os irmáns crean o seu propio mundo: un universo particular feito de realismo e fantasía. -- Idiomas: galego, castelá


Materia: 1. Irmáns-Películas. 2. Humor-Películas. 3. Galicia-Películas. 4. Realismo máxico-Películas. 5. Cine galego-Videogravacións

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791/CRE


 

El señor de las moscas = Lord of the Flies / Harry Hook 

Twentieth Century Fox Home Entertainment España,  2007

 
El señor de las moscas  

Película cinematográfica. Nacionalidade: EE.UU, 1990. -- Int.: Balthazar Getty, Chris Furrh, Danuel Pipoly, James Badge Dale, Andrew Taft, Edward Taft, Gary Rule. -- Sinopse: Con motivo da guerra, os nenos dunha rexión inglesa son evacuados en avión. Un dos aparatos sofre unha avaría e cae ao mar, preto dunha illa deserta. Os nenos sobreviventes chegan á illa, levando consigo o piloto que está malferido. En tal circunstancia, non terán máis remedio que organizarse se queren sobrevivir... Adaptación da novela homónima do premio Nobel de literatura William Golding. -- Idiomas (Dolby Surround): castelán, inglés, francés, alemán (mono), italiano (mono). Subtít.: castelán, francés, italiano, nederlandés, sueco, finés, noruegués, danés, portugués, grego, inglés para xordos, alemán para xordos. -- Non recomendada a menores de 13 anos

Materia: 1. Supervivencia-Películas. 2. Adolescencia-Películas. 3. Cine dramático-Videogravacións. 4. Rivalidades-Películas. 5. Literatura no cine-Películas. 6. Loita entre o ben e o mal-Películas. 7. Illas-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791/SEÑ


 

El imperio romano = Rome : Rise and fall of an empire 

Divisa Home Vídeo, 2009

 
El Imperio Romano  

Película documental. Estados Unidos, 2008. -- Sinopse: Esta serie é unha experiencia única. Unha visión de primeira man da vida nas rúas, nos campos de batalla e no Senado da antiga Roma. A través de coidadas dramatizacións, espectaculares recreacións de batallas e unha detallada ambientación asisitimos a unha apaixonante crónica da historia do maior imperio da historia. -- Idiomas (estéreo): castelán, inglés, portugués. -- Aut. para todos os públicos

Materia: 1. Roma-Historia-Imperio 30 a. C-248 d. C-Videogravacións

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-94/IMP