Un par de novidades para Tecnoloxía
Enviado por Anónimo o Xov, 10/05/2012 - 12:01
Comezamos maio con novas incorporacións. Neste caso, dous títulos que enriquecen a sección de Tecnoloxía da nosa biblioteca escolar. | ||
|
||
Electrotecnia / José García TrasancosParaninfo, 2010 |
||
Para os alumnos de Bacharelato Tecnolóxico e de Formación Profesional, este libro facilita a aplicación razoable dos coñecementos teóricos á resolución de problemas.
|
||
Ejercicios de Tecnología Industrial II / José Otero Arias, Javier Maza GraciaEditorial Donostiarra, 2009 |
||
Este caderno consta dunha colección de problemas resoltos, pretendendo ser unha axuda para os alumnos que cursan 2º bacharelato ou, no seu caso, preparan as probas de acceso á universidade. Por iso incluíronse exercicios de probas correspondentes a diversas Comunidades Autónomas. Tamén serve para preparar probas de acceso a ciclos formativos.
Os bloques desenvolvidos comezan cunha introdución teórica, que tan só pretende ser un recordatorio dos conceptos e fórmulas máis importantes que se van aplicar na resolución de exercicios. Esta introdución serve de recordatorio da teoría estudada e á súa vez para que o alumnos acceda de forma rápida a aquelas fórmulas necesarias para a resolución dos exercicios. |
||