Novidades cinematográficas de abril

Continuamos presentando novas incorporacións ao fondo da biblioteca. Concretamente dous títulos fundamentais que esta semana incorporamos a sección de audiovisuais e multimedia. Dúas auténticas obras mestras do cine, unha realizada na década dos 70, a outra moito máis recente; as dúas atemporais e imprescidibles.

El árbol de la vida = The Tree of Life / dir. Terrence Malick

Tripictures, 2011

 
El árbol de la vida  
Película cinematográfica. Nacionalidade: EE.UU., 2011. -- Int.: Brad Pitt, Jessica Chastain, Hunter McCracken, Sean Penn, Laramie Eppler, Tye Sheridan, Fiona Shaw, Crystal Mantecon, Pell James, Joanna Going, Kari Matchett, Michael Showers. -- Sinopse: Estados Unidos, anos 50. Jack é un neno que vive cos seus irmáns e os seus pais. Mentres que a súa nai encarna o amor e a tenrura, o seu pai representa a severidade, pois a cre necesaria para ensinarlle o neno a enfrontarse a un mundo hostil. Ese proceso de formación esténdese dende a nenez ata a idade adulta. É entón cando Jack evoca os momentos transcendentes da súa infancia e trata de comprender que influencia tiveron sobre el e ata que punto determinaron a súa vida. -- Idiomas (5.1): inglés, castelán, catalán. Subtít.: castelán, catalán, castelán e inglés para discapacitados auditivos. -- Aut. para todos os públicos 


Materias: 1. Cine dramático-Videogravacións. 2. Relación pai-fillos-Películas. 3. Recordos-Películas. 4. Familia-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / ARB

Trailer cinematográfico

 

Novecento (1900)  / dir . Bernardo Bertolucci 

Divisa,  2008

 
Novecento  
Película cinematográfica. Nacionalidade: Italia, Francia, Alemania, 1976. -- Int.: Gérard Depardieu, Robert De Niro, Dominique Sanda, Stefania Sandrelli, Donald Sutherland, Burt Lancaster, Sterling Hayden, Francesca Bertini, Laura Betti, Werner Bruhns, Stefania Casini, Anna Henkel, Ellen Schwiers, Alida Valli, Romolo Valli. -- Sinopse: No ano 1901, nun terreo no norte de italia, nacen o mesmo día o fillo dun terratenente e o fillo dun braceiro. A película narra a vida de ambos os dous e as súas respectivas familias. A amizade dos protagonistas verase anubrada polas súas diferentes actitudes fronte ao fascismo. Famoso drama que fai un complexo recorrido político e social pola Italia do século XX. -- Idiomas: castelán, italiano, inglés. Subtít.: castelán, portugués. -- Non recomendada a menores de 18 anos


Materia: 1. Cine histórico-Videogravacións. 2. Cine dramático-Videogravacións. 3. Amizade-Películas. 4. Clases sociais-Películas. 5. Italia-Películas. 6. Relacións persoais-Películas. 7. Loita de clases-Películas

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia: DV-791 / NOV