Eventos
O departamento de Filosofía e dinamización linguística organiza a visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 20 de xaneiro de 8:45 a 11:30 hora
Os departamentos de Lingua Castelá e Biblioteca organizan:
- Visitas culturais ao Museo de La Voz de Galicia
- Visita á Casa- Museo de Emilia Pardo Bazán
para o alumnado de 4º de ESO: 4º A, 4º B e 2º PDC, o xoves, 29 de xaneiro de 8:30 a 16:30 horas
Un grupo de alumnos/as de 4º de ESO de Tecnoloxía, participa no 7º obradoiro-concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.
A participación do alumnado do noso instituto terá lugar o vindeiro luns 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.
Información sobre a actividade vía: educaBarrié
A nova na prensa:
O departamento de Orientación organiza a visita a distintas facultades da Universidade de Santiago de Compostela situadas no Campus Vida e no Campus Norte o vindeiro mércores 4 de febreiro de 9:30 a 14:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a participación na fase galega da VI Olimpíada de Xeoloxía para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o día 11 de febreiro de 2015 de 10:05 a 19:00 horas.