Admisión / Matrícula, Comedor, Transporte, Impresos/ descargar , Libros de texto, Solicitude / Recollida documentos, Taboleiro de secretaría
A RAIÑA SEN TRONO
A raiña sen trono é o título que Arjé Teatro deu á adaptación da traxedia de Shakespeare O rei Lear estreada en 1606.
Excelente representación a do pasado venres.
Deixámosvos aquí o "trailer" da obra.
INTELIXENCIA ARTIFICIAL, OFERTA UNIVERSITARIA, CURSO DE PORTUGUÉS E OBRADOIRO SOBRE O COLECTIVO LGTBI
A pasada semana estivo chea de actividades para o noso alumnado: os de 2BAC, xa enfocados nas ABAU, recibiron a charla dun especialista que lles explicou cómo funcionaba o proceso. Pola súa banda, os de 1BAC coñeceron de primeira man a oferta educativa das universidades galegas.
Na ESO, destacamos o curso de onte OPS (O Portugués Simple) para 4ESO, que aproveita o que o noso alumnado xa sabe de galego para aprender portugués! Hoxe, en cambio, a Intelixencia Artificial tivo o seu papel: aprendimos dende cómo funciona a IA nun coche e como nos axuda na conducción, ata as utilidades do CHAT GPT no ámbito escolar.
Por último… Para conmemorar o día da Visibilidade Lésbica, tivemos con nós, de novo, a EuroEume, que chegou ao noso alumnado dunha maneira divertida, pero traballando ao mesmo tempo elementos importantes sobre o colectivo LGTBI.
OS DOUS SATELITES LANZADOS POLO IES BREAMO SON PREMIADOS NA FASE AUTONÓMICA DO PROXECTO CAMSAT.
O EQUIPO ATHENEA REPRESENTARÁ A GALICIA NA FASE NACIONAL QUE SE CELEBRARÁ EN GRANADA O 19 DE MAIO.
O pasado 27 de abrill celebrouse o acto de exposición de proxectos e a entrega de premios no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura.
Os equipos que culminaran con éxito, o lanzamento o pasado día 24 no aeródromo de Rozas defenderon os seus proxectos ante un tribunal de expertos.
O equipo Noxus composto por David Freijomil, Pablo Zárate, Teo Álvarez, David Varela e Brais Fraga, que tiña como obxectivo o deseño dunha aboia mariña que permita monitorizar a salinidade e as ondadas dos océanos e equipada cun localizador GPS para situar xeograficamente as medidas obtidas, conseguiu o premio ao mellor logro técnico.
Noel Amado, Daniel García, Mateo Lourido e Miguel Anxo (do equipo Athenea) que tiñan o compromiso de defender o reto de afrontar o desabastecemento de medicamentos tras un desastre natural, obtivo o premio á misión científica máis destacada.
O centro educativo IES Breamo quere felicitar publicamente ao alumnado implicado e ao seu profesor mentor, Daniel Cabal (profesor de tecnoloxía) polo seu compromiso e o traballo tan frutuoso realizado no presente curso.
CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO
O Equipo de Dinamización da Lingua galega do IES Breamo convoca de novo o Concurso de Microrrelatos do IES Breamo, que chega este curso á súa undécima edición, dirixido á comunidade educativa do IES Breamo.
Preme aquí para ver as bases do concurso.
BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (curso 2023-24)
O prazo de presentaciónremata o 20 de setembro de 2023.
As solicitudes deben formalizarse na sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional
Máis información no Portal de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional e no Departamento de Orientación do centro.
CAROLINA E LAURA NO CONCURSO "CANTA FERROL"
Carolina Panadeiro e Laura Picos fotografadas no instituto tras o seu paso por Canta Ferrol. As alumnas do IES Breamo que pasaron a criba para ser semifinalistas (33 de 160 inscritos) someteron as súas actuacións na primeira gala ás votacións a través de YouTube.
Para a gala final, na que tamén se tivo en conta os votos do xurado, houbo 15 elixidas. Carolina foi unha delas.
Parabéns para Laura e Carolina!
CAMBIO CLIMÁTICO NO PRATO
O Concello de Cabanas desenvolve no IES Breamo para o alumnado de 2º ESO un obradoiro de cocina sostible e saudable.
A iniciativa, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e promovida por People & Planet aposta polo aproveitamento dos alimentos e primando o emprego dunha ampla variedade de produtos repercutindo positivamente tanto na saúde como na pegada medioambiental.
O alumnado gozou cociñando e coa degustación dos pratos: salpicón de peixe e fabas con ovo encurtido, ñoquis de grelo en salsa carbonara e musse de requeixo con toffe e confitura de arándanos.
ELAS SEMPRE LEVAN O 8
Hoxe o alumnado de 2º de ESO desprazouse a Casa da Cultura de Pontedeume para participar nun videoforum sobre a igualdade e o deporte.
Baixo o título “Elas sempre levan o 8”, Joshua Dopico López (Concelleiro de deportes), Óscar Losada Castro (director de las revistas deportivas “O Dez” e “Zona Press”) e Carlos Castro Pinhão (director da revista de fútbol feminino) analizaron, xunto ao alumnado do noso IES, a discriminación e a desigualdade que sufriron e seguen padecendo as mulleres no mundo do deporte.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24 (PDF INFORMACIÓN)
PROCESO DE ADMISIÓN
A listaxe provisional de alumnado admitido pódese consultar a través da aplicación informática ou de maneira presencial no centro.
TODAS AS SOLICITUDE PRESENTADAS PARA ADMISIÓN FORON ADMITIDAS. Poderase facer reclamacións ao listado ata día 3 de maio.
TODO O ALUMNADO QUE FIXO RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023-2024 ESTÁ ADMITIDO
Prazo de matrícula para o curso 2023-2024: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
O alumnado que ten reservada praza no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
ALUMNADO DE NOVO INGRESO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS
Do 1 ao 20 de marzo: presentación solicitude de admisión. MÁIS INFORMACIÓN.
21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA
No IES Breamo celebramos o día da poesía lendo un manifesto de Fran Alonso en todas as aulas: este manifesto pon en valor este xénero literario desde un punto de vista que se achega aos adolescentes.
Ademais, en colaboración co Concello de Pontedeume e acompañados doutros centros do noso pobo, o alumnado de 1ESO participou no recital de poesía e sementou os seus poemas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »