Admisión / Matrícula, Comedor, Transporte, Impresos/ descargar , Libros de texto, Solicitude / Recollida documentos, Taboleiro de secretaría
CALENDARIO ACTIVIDADES
Avda. Ricardo Sánchez, 5 (Pontedeume) 881930435 ies.breamo@edu.xunta.gal
MAGOSTO - 12/11/2024
Hoxe celebramos o tradicional magosto con música galega, xogos tradicionais, alegría e o inconfundible olor das castañas asadas.
O noso agradecemento para a Unidade Veciñal Olmo por asar as castañas, que estaban ben ricas!
O NOSO VIAXE DE SOLIDARIEDADE PARTE PARA VALENCIA
Hoxe entregamos as caixas con material escolar e lembranzas da infancia dos noso alumnado: contos, peluches, xogos e moito cariño.
Moitas grazas a todas a s familias pola súa xenerosidade e ós nosos incansables voluntarios pola súa dedicación.
Agradecemos tamén a Grupo Limanfer a xestión do envío.
SAMAÍN 2024
ENTRADA DE MEDO
O IES Breamo celebrou este ano o SAMAÍN con escenas de diferentes películas: A nena do exorcista, Drácula, The Ring, Zombies…
Un ano máis, despois da benvida, con berros e risas incluídas, a SANTA COMPAÑA encargouse de vixiar as lecturas de terror para que ninguén se atrevese a dicir que non á antoloxía de textos de terror feita polo equipo da biblioteca, o club de lectura e os departamentos de linguas.
PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS"
Este venres, 25 de outubro, o alumnado de 1º e 3º ESO participou conxuntamente nunha actividade enmarcada no programa TitorAxudante. Proxectouse a historia “O circo das Mariposas”, que se centra na superación persoal, na autoestima e na importancia de crer nun mesmo como clave para afrontar retos e dificultades. A segunda parte da actividade consistiu na reflexión das escenas visionadas, quedándolle claro, ao noso alumnado, a importancia do recoñecemento das cualidades positivas propias e dos demais.
BASES DOS CONCURSOS
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
Estudantes do IES Breamo de Cabanas (A Coruña) ofreceron aos veciños do Concello de Cabanas ”lixo de proximidade”.
Os veciños da localidade coruñesa que decidiron saír a pasear pola Avenida do Areal, foron sorprendidos cunha peculiar cata de produtos do mar que lles ofreceron os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Breamo, para conciencialos dos efectos irreversibles do cambio climático e o seu impacto na nosa saúde.
Estes mozos, metidos no seu papel de camareiros de restaurante, ofreceron aos seus comensais “lixo de proximidade” recollida na contorna do Concello, a fin de demostrar que o mar está cheo de residuos e que, sen darnos conta, acaban nos nosos organismos a través da alimentación, de feito, segundo aseguran, consumimos semanalmente o equivalente a un cartón bancario en microplásticos.
A proposta, ideada e deseñada polos propios estudantes, ten como obxectivo concienciar aos seus veciños e veciñas sobre o lixo que tiramos e que, na maioría das ocasións, acaba no mar, coas terribles consecuencias que estas accións teñen para o planeta e a poboación.
SAÍDA DO ALUMNADO DE 1º ESO ÁS FRAGAS DO EUME - organizada polo Grupo Naturalista Hábitat.
O alumnado de 1º de ESO participa nuna actividade organizada polo Grupo Naturalista Hábitat.
Esta tivo como obxectivo avaliar a situación dun tramo do río Eume mediante o estudo de indicadores de calidade fisicoquímica da auga e a análise do estado de conservación dos bosques de ribeira. Utilizáronse bioindicadores como invertebrados e plantas acuáticas.
Grazas ao Grupo Naturalista Hábitat a actividade foi gratuíta para o alumnado do IES Breamo.
Parabéns para os compoñentes do citado Grupo (Manuel Cernada, Roi Cuba, Elia Pérez e Antón Prego) pola súa atención e explicacións.
AMIGOS ENTRAÑABLES
Unha aproximación aos usos contemporáneos nos nomes de animais desde a escola. Produción audiovisual realizada polo alumnado de 1º e 3º de ESO (curso 2023-24). Profesora do grupo: Anxos García Fonte.