DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
Estudantes do IES Breamo de Cabanas (A Coruña) ofreceron aos veciños do Concello de Cabanas ”lixo de proximidade”.
Os veciños da localidade coruñesa que decidiron saír a pasear pola Avenida do Areal, foron sorprendidos cunha peculiar cata de produtos do mar que lles ofreceron os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES Breamo, para conciencialos dos efectos irreversibles do cambio climático e o seu impacto na nosa saúde.
Estes mozos, metidos no seu papel de camareiros de restaurante, ofreceron aos seus comensais “lixo de proximidade” recollida na contorna do Concello, a fin de demostrar que o mar está cheo de residuos e que, sen darnos conta, acaban nos nosos organismos a través da alimentación, de feito, segundo aseguran, consumimos semanalmente o equivalente a un cartón bancario en microplásticos.
A proposta, ideada e deseñada polos propios estudantes, ten como obxectivo concienciar aos seus veciños e veciñas sobre o lixo que tiramos e que, na maioría das ocasións, acaba no mar, coas terribles consecuencias que estas accións teñen para o planeta e a poboación.