RESEÑAS actividades
O IESEBA en CullerCiencia
O equipo formado por Sara Baleato, Alejandra López, Ángel Acción, Noelia Míguez, Eva Garrido e a ausente por enfermidade Lucía López, presentaron un control semafórico de dous cruces de rúas, unha lámpada doméstica controlada desde un móbil a través dunha app creada por elas mesmas, e un sistema automático de rego segundo a humidade do terreo para unhas macetas ou segundo a humidade e temperatura para un pequeno invernadoiro con sementeiro. Máis detalles no blog de angelaccion |
VISITA UTE TEIXEIRO 2022
O 19 de abril o noso centro recibiu na biblioteca ao personal da Unidade Técnica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, así como internos que viñeron impartir unha charla ao alumnado de 4º da ESO no marco do Programa Di K Non – Obradoiros para a prevención do consumo de drogas. Moitas grazas ao alumnado e aos intervintes por facernos partícipes desta incrible experiencia.
Pódese acceder ao álbum de fotos premendo na imaxe |
Programa “Educar en Xustiza” 2022
|
Asistencia do alumnado de 4º da ESO a diferentes xuízos celebrados na Audiencia Provincial da Coruña ao longo dos meses de abril e maio no marco do Programa “Educar en Xustiza” promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A visita do noso centro aparece recollida neste artigo de La Opinión A Coruña.
Pódese acceder ao álbum de fotos premendo na imaxe |
CHARLA Escola de Arbitraxe
O pasado xoves, 19 de maio de 2022, o Concello de Culleredo, a través das Concellerías de Deportes e Xuventude, e o Comité Técnico Galego de Árbitros, acolleu unha iniciativa pioneira, que ten como meta a creación da primeira Escola de Arbitraxe para a xuventude cullerdense.️ Nesta xornada, os profesionais Rubén Eiriz, delegado do Comité de Árbitros da Coruña, e Eugenia Gil Soriano, árbitra da Liga Iberdrola, acompañados polo conselleiro de Deportes, Miguel Suarez, explicaron a súa experiencia ao alumnado do IES Blanco Amor. A charla, obtivo unha gran participación por parte da rapazada, que mesmo participou nun sorteo de agasallos.
Dende os seguintes links pódese acceder ao artículo publicado en "La Opinión" e á entrada no Facebook de Xuventude Culleredo
Pódese acceder ao álbum de fotos premendo na imaxe
|
Visita ás nosas institucións 2020
DÍA DA CIENCIA NA RÚA
Visita XEOPARQUE CABO ORTEGAL maio 2022
Os 4GATOS regresan da fase autonómica CanSat con un premio á difusión
Pódese ler toda a información no blog de Ángel Acción |
POPSÍA con Fran Amil 2022
O pasado 22 de abril, o alumnado de 4ºESO asistiu á charla-concerto POPSIA con Fran Amil, un percorrido pola poesía dende o século XIII ata o XX., no Salón de actos do edificio de servizos múltiples de O Burgo. Esta actividade foi gratuíta, costeada íntegramente polo concello. O alumnado desprazouse a pé acompañado por profesorado do centro e coa colaboración de a policía local. Máis información e fotos no Blog de EDLG |
Exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón”
Onte, 27 de abril de 2022, no IES Blanco Amor tivemos a satisfacción de que a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, inaugurase cunha charla explicativa, a súa exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón” que relata como 27 republicanos, agachados durante a guerra civil na comarca de Ferrolterra, partiron de Ares, nunha noite de xullo de 1939, para chegar a Francia salvando as súas vidas e como foron as súas vivencias posteriores. É unha historia, non só de supervivencia, senón tamén de xenerosidade solidaria, de sacrificios e da loita pola dignidade dun pobo. Dende a AC Memoria Histórica Democrática fixéronnos chegar a seguintes palabras de agradecemento: "Agradecemos moito o seu interese ao alumnado, as profesoras e a dirección do centro, que tivo a atención de agasallar á nosa Asociación cunha placa de Sargadelos, cuio motivo é Eduardo Blanco Amor que lle da nome ao Centro, pero o verdadeiro regalo é que nos permitan levar á xuventude – ao futuro – estas leccións de Historia solidaria. A todas e todos moitas grazas."
Pódese acceder a máis fotos premendo na imaxe |