RESEÑAS actividades
O IES EBA e o Rego de Trabe únense para participar nun concurso científico
Pódese ler toda a información no blog de Ángel Acción
|
TEATRALÍZATE 2022 - ALMA DE TIGRE
Lo fingido verdadero. Teatro Rosalía de Castro 2022
O pasado venres, 1 de abril, un grupo do alumnado de primeiro de bacharelato, asistiu á representación de Lo fingido verdadero, de Lope de Vega, no teatro Rosalía de Castro da Coruña. A obra forma parte da programación da prestixiosa Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC) dirixida por Lluis Homar. Podes saber máis no Blog de Biblioeba |
Exposición e charla "Galegos en Mauthausen"
SEMAINE DE LA FRANCOPHONIE 2022
|
|
|
O 20 de marzo celebrouse en todo o mundo e tamén no IESEBA o día da Francofonía.
Nas clases falamos da importancia internacional desta lingua e da gran cantidade de lugares nos que se fala. Arredor de 300 millóns de personas coas que podemos interactuar grazas ao coñecemento da lingua francesa.
E como a música tamén é cultura e a través dela podemos aprender, durante as pausas escoitamos algunhas das cancións en francés máis actuais. Aquí tedes a música desa semana con links para que a poidades escoitar.
|
Roteiro Ría do Burgo
|
O pasado 17 de marzo de 2022 o profesorado do IESEBA organizou co alumnado de 1º de ESO un roteiro educativo pola ría de O Burgo, facendo simultaneamente actividades de Xeografía e Historia, Educación Física, Plástica, Inglés, Bioloxia,... iniciando así un proxecto de achegamento multidisciplunar ao seu entorno. Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos, e dende AQUÍ ao artículo publicado en La Opinión de A Coruña. |
Campaña “S.O.S. UCRANIA”
O alumnado do IESEBA en colaboración coa Biblioteca organiza unha campaña de recollida de donacións que O Banco de Alimentos Rías Altas (en colaboración con ACA-Ucraína) achegará a Ucraína. Se queredes colaborar podedes achegarvos e depositar na entrada do centro ata o 30 DE MARZO algún dos seguintes produtos: LEITE INFANTIL (EN POLVO) COMIDA PREPARADA EN LATA MATERIAL SANITARIO PARA CURAS DE URXENCIA:(betadine, gasas,...) |