Nova xornada de entrevistas do alumnado do IES EBA no Centro de maiores de Culleredo. Neste caso a clase de 1°ESO B foi a encargada de levar a cabo a labor de reporteiros por un día. A acollida foi estupenda!
XA TEMOS AS IMAXES, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"
O pasado luns 7 de novembro de 2022, tivemos o primeiro encontro no Centro de día de Culleredo co IES EBA
O alumnado de 1ºESO-A foron reporteiros por un día. Compartiron preguntas cos usuarios e intercambiaron inquedanzas. Unha experiencia inesquecible!
O vindeiro luns continuará 1°ESO-B
XA TEMOS AS PRIMEIRAS IMAXES, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"
Como tódolos anos, Fernando Mosteiro, o coordinador do Centro de Coordinación de transplantes do CHUAC, veu a dar unha charla informativa sobre a doazón de órganos a algúns grupos dos nosos alumnos, nesta ocasión a 4ºC-D e 3º B de ESO.
Neste enlace poderedes acceder a toda a información e resolver moitas dúbidas sobre o tema:
Póndense ver as imaxes da charla no bloque da marxe esquerda da páxina "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Charla Doazón Órganos novembro 2022"
Dentro do “Programa para unha transición ecolóxica” do CEIDA, os alumnos de 4 da ESO fixeron onte 18 de outubro, un percorrido polo espazo natural das Fragas do Eume achegándose ao coñecemento dalgunhas das especies vexetais e animais únicas que alí puideron ver, rematando cunha visita guiada ao medieval Mosteiro de Caaveiro.
Previamente á saída, o pasado venres 14, realizaron, no instituto, un obradoiro sobre os espazos naturais protexidos da provincia da Coruña.
XA TEMOS AS IMAXES DA SAÍDA, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos", álbum "FRAGAS DO EUME E MOSTEIRO DE CAAVEIRO 4ºESO 18 outubro 2022"
TAMÉN SE PODE ACCEDER DIRECTAMENTE PULSANDO NA IMAXE.
SE TEDES ALGUNHA FOTO QUE VOS GUSTARÍA ENGADIR PODEDES ENVIALAS AO CORREO:
O PASADO LUNS 19 DE SETEMBRO DE 2022, O ALUMNADO DE 1ºESO, GOZOU DUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA ACOMPAÑADOS POR PROFESORADO DO CENTRO, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE CULLEREDO, O OBXECTIVO ERA FAVORECER O COÑECEMENTO ENTRE GRUPOS
XA TEMOS AS IMAXES DA SAÍDA, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "XORNADAS DE CONVIVENCIA 1ºESO setembro 2022"
Tamén se pode acceder premendo na imaxe.
SE TEDES ALGUNHA FOTO QUE VOS GUSTARÍA ENGADIR PODEDES ENVIALAS AO CORREO:
O LUNS 20 DE XUÑO DE 2022, O NOSO ALUMNADO DE 3º DE ESO, ACHEGOUSE ÁS FRAGAS DO EUME, ACOMPAÑADOS POR PROFESORADO DO CENTRO. PERCORRERON UN TRAMO DO RÍO EN KAIAK E VISITARON O MOSTEIRO DE MONFERO. A PESARES DA CHOIVA, QUE TAMÉN ESTIVO PRESENTE, FOI UNA XORNADA DE DEPORTE E DIVERSIÓN QUE TODOS GOZARON.
XA TEMOS AS PRIMEIRAS IMAXES DA SAÍDA, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos", álbum "FRAGAS EUME 2022"
TAMÉN SE PODE ACCEDER DIRECTAMENTE PULSANDO NA IMAXE.
SE TEDES ALGUNHA FOTO QUE VOS GUSTARÍA ENGADIR PODEDES ENVIALAS AO CORREO:
ESTE LUNS 20 DE XUÑO DE 2022, O NOSO ALUMNADO DE 1º e 2º DE ESO, ESTIVERON PASANDO O DÍA NO AQUAPARK DE CERCEDA, ACOMPAÑADOS POR PROFESORADO DO CENTRO.
O TEMPO NON ACOMPAÑOU, MÁIS PASÁRONO EN GRANDE.
XA TEMOS AS PRIMEIRAS IMAXES DA SAÍDA, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "AQUAPARK 2022"
TAMÉN SE PODE ACCEDER DIRECTAMENTE PULSANDO NA IMAXE.
SE TEDES ALGUNHA FOTO QUE VOS GUSTARÍA ENGADIR PODEDES ENVIALAS AO CORREO:
Os días 20 e 21 de xuño de 2022 o profesorado do IESEBA organizou co alumnado de 4º de ESO un roteiro educativo pola ría de O Burgo, facendo simultaneamente actividades de Xeografía e Historia, Educación Física, Plástica, e Bioloxia, iniciando así un proxecto de achegamento multidisciplunar ao seu entorno.
Nin o mal tempo non foi quen de frear a ilusión de alumnado e profesorado.
Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos.