TÍTULOS DISPOÑIBLES PARA A SÚA RECOLLIDA NO CENTRO

O alumnado do noso centro que titulou en 4º da ESO e os titulados en 2º de Bacherelato no curso 2020-21 teñen á súa disposición os títulos.

Poden pasar por ADMINISTRACIÓN a recollelos.

EXCURSIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA 3º ESO

O ALUMNADO DE 3º ESO (3º A-B-C-D-E) REALIZOU EN DATA 30 DE MARZO DE 2023 UNHA VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA COA PROPOSTA DE LEVAR A CABO UNHA ACTIVIDADE TRANSVERSAL QUE TIVO COMO OBXECTIVO o COÑECEMENTO DAS INSTITUCIÓNS GALEGAS, DA ARTE ROMÁNICA, E COÑECEMENTO DA CULTURA E IDIOMA GALEGOS.

VISITAMOS O PARLAMENTO GALEGO NO QUE OS GUÍAS DESTA INSTITUCIÓN NOS EXPLICARON COMO FUNCIONA O PODER LEXISLATIVO NA NOSA AUTONOMÍA. POSTERIORMENTE, NOS DIRIXIMOS Á CATEDRAL PARA CONTEMPLAR O NOSO LEGADO, FUNDAMENTALMENTE, ROMÁNICO, FINALIZANDO COA VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO E AO PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES PARA TOMAR COÑECEMENTO DA NOSA IDENTIDADE COMO POBO.

ACTIVIDADE DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Os alumnos de 2° de BAC da materia de francés estrearon polo Nadal a crêpière do departamento en clase. Des crêpes au beurre! ( crêpes de manteiga, fariña, ovos, leite, sal e azucre). Très bonnes! 

                     

EXCURSIÓN A CORUÑA ALUMNADO 1º DE BAC DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

O ALUMNADO DA MATERIA DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO VISITOU A AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA PARA COÑECER O FUNCIONAMENTO DO SISTEMA DE XUSTIZA "DENDE DENTRO".

APROVEITARON A VIAXE PARA FACER OUTRAS VISITAS DE INTERESE, DOMUS, CASA DAS CIENCIAS, ... XORNADA APROVEITADA AO MÁXIMO.

VIAXE A PARÍS

O departamento de francés do IES Santiago Basanta Silva organizou unha viaxe a París do 2 ó 7 de decembro 2022 como leva facendo desde fai moitos anos. Primeira viaxe despois de 2 anos de parada pola pandemia.

35 alumnos de 1° e 2° de bac acompañados por 2 profesores puideron disfrutar da histórica Torre Eiffel, da emblemática Opera Garnier, da visita o estadio Roland Garros, do museo do Louvre e de Orsay así como do museo de Cera de Paris, do musical El Rey León e un extenso programa de 6 días na cidade da Luz con moito frío pero moitas aventuras.
Helena Illán e Aurora Peña. 

PARQUE LÁNSBRIGA- SAN CIBRAO DE LÁS E VISITA Á CIDADE DE OURENSE- ALUMNADO 3º DA ESO

O obxecto desta viaxe foi visitar un dos máis importantes castros da xeografía galega: o CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS, coñecido como “A Cidade” polas súas dimensións, pertencente á etapa final da cultura castrexa (S. II a.C-S.II). É un castro parcialmente escavado, que iniciou os traballos de escavación no ano 1922 grazas aos escritores galegos López Cuevillas e Vicente Risco. Está situado a 18 Km. da cidade de Ourense.

O alumnado de 3º da ESO levou a cabo un obradoiro sobre a obtención do lume, percorreu o castro e recibiu unha charla sobre a cultura castrexa no centro de interpretación próximo ao castro.

Rematada a visita ao castro, o alumnado puido coñecer a cidade de Ourense, á que nos desprazamos para o xantar.

Na viaxe de volta, contemplamos unha das marabillas da xeografía galega: os Canóns do Sil. Fixemos unha breve parada en Monforte de Lemos e chegamos ao IES ás 21 horas. Foi unha xornada divertida e moi enriquecedora para todos e todas os que participamos, tanto alumnado como profesorado.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022 - CONVOCATORIA PARA OS DIFERENTES SECTORES DA COMUNIDADE EDUCATIVA

CONVOCATORIA PAS (PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS)

- CONVOCATORIA ALUMNADO

- CONVOCATORIA PAIS/NAIS

- CONVOCATORIA PROFESORADO

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

O 11 de xullo publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311E).

Lembrámoslles que, segundo se establece no artigo 4.4 de dita orde, o 23 de setembro remata o prazo para presentar solicitudes de participación en ditos premios.

GRADUACIÓN XERACIÓN 2016-2022

Parabéns para esta marabillosa xeración 2016-2022 que ven de celebrar a súa graduación. Desfrutamos dun serán de festa cheo de emocións, reencontros e alegría. Foi un auténtico pracer compartir con vós estes marabillosos anos no Basanta. Desexamos de corazón que o camiño sexa longo para todas e todos vós, cheo de aventuras e experiencias fermosas. No Basanta Silva teredes sempre a vosa casa ❤️

Distribuir contido