PARQUE LÁNSBRIGA- SAN CIBRAO DE LÁS E VISITA Á CIDADE DE OURENSE- ALUMNADO 3º DA ESO

O obxecto desta viaxe foi visitar un dos máis importantes castros da xeografía galega: o CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS, coñecido como “A Cidade” polas súas dimensións, pertencente á etapa final da cultura castrexa (S. II a.C-S.II). É un castro parcialmente escavado, que iniciou os traballos de escavación no ano 1922 grazas aos escritores galegos López Cuevillas e Vicente Risco. Está situado a 18 Km. da cidade de Ourense.

O alumnado de 3º da ESO levou a cabo un obradoiro sobre a obtención do lume, percorreu o castro e recibiu unha charla sobre a cultura castrexa no centro de interpretación próximo ao castro.

Rematada a visita ao castro, o alumnado puido coñecer a cidade de Ourense, á que nos desprazamos para o xantar.

Na viaxe de volta, contemplamos unha das marabillas da xeografía galega: os Canóns do Sil. Fixemos unha breve parada en Monforte de Lemos e chegamos ao IES ás 21 horas. Foi unha xornada divertida e moi enriquecedora para todos e todas os que participamos, tanto alumnado como profesorado.