Publicada o día 29 de maio de 2020 a convocatoria para o curso 2019-2020 de probas libres para a obtención de títulos LOE de FP (Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), queremos destacar: ·O período de presentación de solicitudes de matrícula será do día 1 ao 12 de xuño de 2020 ás 13:00 horas. A matrícula farase en XADE (como matrícula do curso 2019-2020) previa comprobación do cumprimento dos requisitos de acceso. · A presentación de solicitudes de matrícula farase no centro de 1ª opción.·As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro.