FCT
Descarga Documento
Formación en Centros de Traballo - FCT
|
Trátase dun módulo máis dos integrantes do ciclo formativo que ten a particularidade de se realizar fóra do aula, nunha empresa do sector, nun entorno produtivo e en situación real de traballo. Realízase ao remate dos módulos que se cursan no centro e ten una duración de 384 horas para ciclos formativos de grado superior e 410 para ciclos medios. Ten carácter obrigatorio e a finalidade de completar a adquisión de competencias profesionais, aplicando o aprendido no centro educativo. É avaliable do mesmo xeito que os demais módulos e polo tanto é necesario superalo para obter o título, xa sexa en Réxime Xeral ou de Persoas Adultas. |
|
||
Descrición xeral da FCT |
|
|
||
A realización do módulo da FCT está regulado por un convenio específico que une en acordo formal o centro educativo e unha empresa do sector. Esta relación persegue a formación do alumno/a mediante a realización de actividades produtivas nun entorno real, e así entre o alumno/a e a empresa non existe relación laboral, polo que tampoco o alumno/a é remunerado económicamente.O alumno/a seguirá o horario laboral da empresa, salvo que no programa formativo se estableza outro horario. Durante as prácticas, o alumno/a queda baixo a tutela do titor/a de empresa, mentres que o titor/ado centro supervisa o bo desenvolvemento do módulo. O alumno/a ten que seguir un programa formativo individualizado que é elaborado por acordo entre o centro educativo e o centro de traballo. O seguimento deste programa realízase mediante documentos formais que o alumno/a ten a obriga de presentar e visitas dos titores/as do centro á empresa. Como calquera módulo, o da FCT tamén está suxeito a avaliación. O alumnado está cuberto polo seguro escolar e por dúas pólizas específicas - de responsabilidade civil e de accidentes corporais- subscritas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Como norma xeral, o módulo da FCT realízase nun só período e de xeito ininterrompido ao final do segundo ano académico, é dicir, no sexto trimestre. |
||||
Acceso á FCT |
|
|
||
O módulo de Formación en Centros de Traballo ten lugar no sexto trimestre do ciclo formativo (lembra que os ciclos cúrsanse durante dous anos, divididos en tres trimestres cada un), é dicir, a finais do segundo ano. É o derradeiro módulo, e para poderse cursar é requisito ter superados todos os módulos do ciclo cursados no centro educativo. |
||||
Avaliación da FCT |
|
|
||
O proceso de avaliación pretende determinar a competencia profesional do alumno/a nun entorno laboral.Este proceso é de carácter continuo, de xeito que se articula mediante un sistema de visitas do titor/a do centro educativo ao centro de traballo cunha periodicidade quincenal, co obxectivo de manter entrevistas co titor/a do centro de traballo e observar directamente as actividades que o alumnado realiza nel. Na avaliación do módulo colaborará o titor/a do centro de traballo, quen deberá emitir un informe valorativo ao final do período de prácticas. Como parte tamén do proceso avaliador, o titor/a do centro fixa unhas xornandas cada quince días destinadas á realización de actividades de seguimento de FCT no centro educativo: cubrir o caderno de seguimento das prácticas e solucionar todos os problemas e dúbidas que aparezan. Este caderno de seguimento das prácticas contén unhas follas de rexistro de tarefas e actividades desenvolvidas na empresa que o alumno/a ten a obriga de ir cubrindo con periodicidade semanal para seren supervisadas e asinadas polos titores/as. Este caderno entregase ó alumno/a cando remata o ciclo como certificación das actividades realizadas durante o desenvolvemento do módulo da FCT. O módulo de formación en centros de traballo cualificarase en termos de apto/a ou non apto/a, e non cunha cualificación numérica |
||||
Axudas económicas á FCT |
|
|
||
O alumno/a ten dereito á percepción dunha axuda compensatoria polos gastos ocasionados na realización do módulo da FCT. Anualmente, a Administración educativa realiza unha convocatoria de axudas ás que pode acollerse o alumnado, que serán xestionadas polo centro educativo no que estea matriculado. A formalización da solicitude de axuda require a presenza do alumno/a no centro. Por regra xeral ,a convocatoria destas axudas ten lugar a finais de outubro para os alumnos/as que fan as prácticas entre outubro e decembro e a finais de maio para os alumnos/as que as fan de abril a xuño. Para a xestión das mesmas o alumnado deberá facilitarle o IBAN ó coordenador de FCT antes do comenzó das mesmas, asi como a revisión de si está correcto o domicilio que figura nos arquivos da Conselleria. |
||||
Particularidades da FCT |
|
|
||
A procura e a selección de empresas ou institucións colaboradoras na realización do módulo da FCT correspóndelle ó centro educativo, que acordará cos responsables das empresas un programa formativo para cada alumno/a. Un alumno/a pode realizar o módulo da FCT en varias empresas, cando unha soa non se considere suficiente para acadar as competencias profesionais relacionadas co módulo. A realización do módulo nun centro de traballo situado fóra da Comunidade Autónoma de Galicia requirirá autorización expresa da Administración educativa.
Para a realización da FCT por parte do alumnado matriculado polo réxime de persoas adultas, o centro poderá propor un calendario e un horario flexible, que estará fundamentado e deberá contar coa autorización da Administración educativa. |
-Exención do módulo de FCT.
1. O módulo de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa experiencia laboral, segundo se establece no artigo 49, do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro (BOE do 3 de xaneiro), polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo.
2. A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas para o módulo de FCT.
3. A exención poderá ser total ou parcial, dependendo da correspondencia que haxa entre a experiencia acreditada e os contidos do módulo formativo de FCT.
4. A exención requirirá, ademais de cumprir o requisito de experiencia laboral, a matrícula previa do alumno ou da alumna nun centro docente autorizado para impartir ensinanzas conducentes ao título do ciclo formativo correspondente.
5. Débese acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. No caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo.
6. O alumno ou a alumna deberán presentar na secretaría do centro a seguinte documentación:
a) Solicitude á dirección do centro docente onde se estea matriculado. No caso de centros privados, a dirección trasladará as solicitudes ao centro público ao que estea adscrito.
b) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, de ser o caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.
c) Certificación da empresa na que se indique especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.
7. O titor ou a titora do centro educativo, en colaboración co equipo docente, logo da análise da documentación achegada, deberán emitir un informe e unha proposta, que lle farán chegar á dirección do centro, sobre a concesión ou non da exención total ou parcial, de ser o caso.
8. Nos centros públicos resolve a dirección do centro e, no caso dos centros privados, a dirección do centro ao que estea adscrito.
9. O acordo da concesión ou non da exención total ou parcial comunicaráselle por escrito á persoa solicitante no prazo de 10 días.
-Renuncia á FCT.
O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, xa que logo, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das seguintes circunstancias:
a) Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico.
b) Incorporación laboral acreditada mediante contrato de traballo.
c) Obrigas de tipo familiar xustificadas que impidan a normal dedicación aos estudos.
d) Outras de carácter análogo que a dirección do centro estime oportuno, por proposta do equipo docente.
As solicitudes deberán presentarse perante o director ou a directora do centro nun prazo de, cando menos, dous meses antes da avaliación final do módulo da FCT. No caso de centros públicos, a dirección resolverá no prazo máximo de dez días. No caso de centros privados, resolverá o director ou a directora do centro público ao que estean adscritos no mesmo prazo, a partir da data da recepción da solicitude no centro público.
O alumnado procedente de renuncia unicamente deberá solicitar a reincorporación no prazo indicado no artigo 6º, punto 5. Non se terán en conta as xornadas realizadas antes de solicitar a renuncia, é dicir, cumprirá iniciar o módulo de FCT de novo.
Temporalización:
Ciclos Medios: 410 horas, equivqalentes a 52 xornadas => do 03 de abril ó 14 de xuño de 2017
Ciclos Superiores: 384 horas, equivalente a 48 xornadas => do 03 de abril ó 07 de xuño
FP Básica: 32 horas, equivalentes a 40 xornadas => do 16 de abril ó 13 de xuño de 2017
Normativa:
Orde do 20 de febrero de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo de formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia. (D.O.G. xoves, 8 de marzo de 2007, paxina 3.581 e sucesivas.)
Mais información:
luispurrinos@gmail.com (Coordenador de FCT)
No propio centro educativo