ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o
procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en
educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en
centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados
concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)
Orde da convocatoria das axudas (prema aquí)
Beneficiarios
Alumnado exento de presentar solicitude
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir
material escolar no curso 2020/21.
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea
matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I)
Prazo para presentar solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do
día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
Descarga do formulario de solicitude (prema aquí)
Publicación de actos
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade á
listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión, e á
relación provisional e definitiva de solicitudes concedidas.
Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no
interior do recinto escolar.