EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS e BACHARELATO DE ADULTOS
No IES As Mariñas impartimos as ensinanzas para a obtención do graduado en ESO:
- Son catro módulos cuadrimestrais que se fan en dous anos académicos.
- Permite a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.
- Da acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Bacharelato.
- O horario é de tarde dende as 18:30 h. ás 22:30 h. Os venres remata ás 20:00 h.
-Dependendo dos estudos, pódense validar cursos. Por exemplo, co título de Graduado
Escolar accederíase ao módulo 3, podendo obter o Graduado en ESO nun ano.
Destinatarios
Para acceder a estes niveis de ensino o alumnado deberá ter cumpridos 18 anos ou cumplilos nas datas que establecen as instruccións anuais da Consellería, polo xeral ata o 31 de decembro.
Tamén poderán matricularse na educación secundaria de persoas adultas as quen cumpran
algún dos seguintes requisitos:
- Ser maior de 16 anos e ter un contrato laboral que impida acudir aos centros educativos de réxime ordinario.
· Ser deportista de alto rendemento.
Estrutura dos cursos
Os cursos da ESA son cuadrimestrais, os módulos 1 e 3 comezan en setembro e rematan en febreiro, e os módulos 2 e 4 comezan en febreiro e rematan en xuño.
As materias están agrupadas en tres ámbitos:
-Ámbito de comunicación (galego, castelán e inglés)
-Ámbito científico-tecnolóxico (matemáticas, ciencias naturais, tecnoloxía e física-química)
-Ámbito de sociedade
O currículo de cada ámbito e módulo encóntrase no DOG do 12 de abril de 2018 (ORDEN de 20 de marzo de 2018) no que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Máis información, prema aquí.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ESA_triptico_2021-2022.pdf | 1016.85 KB |