ESO
A Educación Secundaria Obrigatoria constitúe, xunto coa Educación Primaria, o ensino básico e obrigatorio para tódolos rapaces e rapazas desde os 6 ós 16 anos de idade.
Como etapa educativa comprende 4 cursos académicos e esténdese dos 12 ós 16 anos de idade.
Centros adcritos:A Castellana (Aranga), Cesuras e Oza dos Ríos.
Accedese con: 6º de primaria
No IES As Mariñas impártese a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dende a implantación destes estudos.
A ESO consta de 4 cursos e, ao longo de todos eles, aténdese á diversidade do alumnado basicamente de dúas formas: con Agrupamentos específicos (en Primeiro e Segundo) e Programas de Diversificación Curricular (en Terceiro e Cuarto), ademais do reforzo educativo e adaptacións curriculares.
Ao rematar a ESO con avaliación positiva, obtense o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, que permite o acceso directo aos estudos de Bacharelato ou de Ciclos Formativos de Grao Medio.
Tanto no IES AS Mariñas como no IES Franciso Aguiar se poden cursar as modalidades de bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía ou Humanidades e Ciencias Sociais. No IES As Mariñas pódense cursar ciclos formativos de grao medio.
Como ampliación da oferta educativa no IES As Mariñas, e para o alumnado que non acada o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, ofrécense dúas opcións que lle permitirá reincorporarse ao sistema educativo ou acceder en mellores condicións ao mundo laboral.
Por unha banda está a Educación Secundaria Obrigatoria para persoas Adultas (ESOA)
Por outra banda están a FP Básica de Administrativo e Automoción