Skip to Content

Presentación dos titores coas familias

O vindeiro luns 25 de setembro terá lugar a reunión das familias cos titores dos diferentes grupos.

Comenzaremos ás 18 horas.

INICIO CURSO 23-24

 

IES As Insuas

Luns 11 de setembro comezo do curso 23-24

O horario será o habitual, de 8:30  a 14:10 pola mañán e de 16:15 a 17:55 pola tarde.

Ánimo!

Publicacióin de admitidos e excluidos das axudas de material

Publicada no taboleiro do IES a resolución das axudas de material, admitidas e excluidas.

Poden consultar a listaxe no propio IES en horario de 10 a 14 horas.

 

LIBROS DE TEXTO 23/24

Listaxe de libros do IES As Insuas para o curso 23/24

 

O libro de traballo de inglés en 2º de ESO foi corrixido a 29 de agosto do documento descargable pois o titulo estaba mal. O código ISBN era o correcto. 

Desculpen as molestias.

Fondo solidario de libros 2023/24

Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

O noso IES emprega o libro eléctrónico Edixgal polo que non se pode solicitar fondo solidario de libros pero si as axudas para a compra de material escolar.

A información sobre estas axudas podedes vela no DOG do 19 de maio 

Podese presentar electronicamente entrando na páxina de fondo libros.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño.

AdxuntoTamaño
ED330B Fondo libros.pdf1.84 MB
Orde do 10 de maio de 2.023. Fondolibros.pdf1.16 MB

Becas e axudas para alumnado con NEAE

O vindeiro 8 de maio ábrese o prazo para solicitar as becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado NEAE. 

Deixamos a continuación a presentación onde podedes atopar máis información e os pasos para solicitala. Lembrade imprimir e achegar ao centro educativo a documentación requerida para a súa tramitación antes do 20 de setembro do 2023. 

 

 

BECAS para cursar Bacharelato, Formación Profesional e outros estudos non universitarios

Hoxe 27 de marzo abriuse o prazo para a solicitar ditas becas. Na seguinte presentación tedes toda a información.

 

 

Charla/Coloquio " O acompañamento emocional do adolescente" 12/04/23

O vindeiro mércores 12 de abril celebrarase no centro unha actividade de formación "O acompañamento emocional do adolescente" dirixida a familias e profesorado do centro, a cargo do Contrato-Programa EMOCIONA-T.

A formación será desenvolta polo Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea de Noia, especialistas en trastornos psicolóxicos na infancia e adolescencia. 

Algúns dos temas a tratar serán o desenvolvemento psicolóxico do adolescente e técnicas e claves para acompañalos nesta etapa vital para previr a depresión e a ansiedade, entre outras. 

Charla "O acompañamento emocional do adolescente"

Distribuir contido


 

by Dr. Radut