Skip to Content

COMEZO DO CURSO 24-25

O vindeiro mércores 11 comezaremos as clases no noso IES.

O horario será de 8:30 a 14:10.

Haberá servizo de autobuses  que pasarán polas paradas no seu horario habitual.

Benvidos ao novo curso!!

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 24-25

Publicamos os libros de texto do vindeiro curso.

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 24-25

 

Calendario fin de curso 23-24

Publicado o calendario do final de curso 23-24 coas datas de matrícula, datas de devolución de libros e datas de reclamacións.

Horario do centro:

  • Do 25 ao 28 de xuño de 9 a 14 horas.(O 24 é festivo local)
  • Mes de xullo de 10 a 14 horas.

 

Calendario fin de curso

Fondo solidario de libros e material escolar 2024/25

Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O noso IES emprega o libro eléctrónico Edixgal polo que non se pode solicitar fondo solidario de libros pero si as axudas para a compra de material escolar.

A información sobre estas axudas podedes vela no DOG do 20 de maio

Pódese presentar electronicamente entrando na páxina da sede electrónica ou presencialmente no IES cubrindo os anexos I e II.

Tedes máis información sobre o procedemento na páxina de fondo libros.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño.

O código do centro é 15027940

BOLSAS DE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 24_25

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos postobrigatorios, bacharelato, fp, estudos artísticos...

Tedes AQUÍ toda a información.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 10 de maio.

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL.

 
Accede aquí á Resolución da convocatoria e aquí á zona de información da web da Consellería de Educación sobre este tema. 

Datos máis importantes

(para acceder á información completa premer nos enlaces previos) 

Proba para alumnado 4ºESO que queira acreditar nivel intermedio de Competencia Dixital

  • O alumnado de 4ºESO que titule obterá automáticamente o nivel “iniciación”. No caso de querer obter o nivel intermedio debe superar unha proba.
  • A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html).
  • A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
  • Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
  • A proba é gratuita e para o alumnado de 4ºESO realizarase no mes de maio (data por determinar)
  • Prazo de solicitude: 15 de marzo ata as 14:00 (modifícase o publicado na resolución)
  • Formulario de solicitude: premer aquí (presentarase exclusivamente na secretaría do centro, non por correo)

Admisión alumnado curso 24 25. Vacantes

Listado de vacantes dispoñibles no IES As Insuas para o curso 24-25.

Poden consultar as prazas vacantes no noso IES para o vindeiro curso.

O alumnado dos colexios adcristos, Ricardo Tobio e Louro, que fixo resrva de praza non ten que realizar ningunha acción.

RESERVA DE PRAZA NO IES FONTEXERÍA

RESERVA DE PRAZA - ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

 Do 15 de xaneiro ao  5 de febreiro. 

Aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 4º da ESO do noso centro que desexe continuar os seus estudos no IES Fontexería . Dito alumnado deberá presentar no noso centro o ANEXO I debidamente cuberto ou cumprimentalo de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e presentalo a través da Sede Electrónica. Na páxina indicada teñen a información de como proceder.

 

NOTA INFORMATIVA

Anexo I Poden cumprimentalo e  entregalo no centro ou telematicamente. 

Este documento (Anexo I) será entregado en papel ao alumnado para facilitar o procedemento.

Bono Deporte de 120 euros

As familias poderán descargar a partir do 8 de xaneiro o Bono Deporte de 120 euros ao que poderán acceder todas as que teñan fillos, de entre 6 e 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa escolar de fomento da actividades deportivas Xogade.

O Bono axudará ás familias a sufragar o 80 % das compras de material e equipamento ou a asistencia a clases de actividades deportivas e poderá utilizarse ata o 1 de xullo de 2024.

Cada familia poderá descargar un Bono Deporte por cada un dos fillos ou fillas. 

Pódese acceder á convocatoria das axudas no Diario Oficial de Galicia. 

Tamén se recollen aí as condicións e prazos para as entidades que se queiran unir ao programa. Poderán facelo ata o 30 de decembro.

 

Distribuir contido


 

by Dr. Radut