Skip to Content

Fondo solidario de libros e material escolar 2024/25

Publicada no DOG a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O noso IES emprega o libro eléctrónico Edixgal polo que non se pode solicitar fondo solidario de libros pero si as axudas para a compra de material escolar.

A información sobre estas axudas podedes vela no DOG do 20 de maio

Pódese presentar electronicamente entrando na páxina da sede electrónica ou presencialmente no IES cubrindo os anexos I e II.

Tedes máis información sobre o procedemento na páxina de fondo libros.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño.

O código do centro é 15027940



paxina_principal | by Dr. Radut