Skip to Content

Charla/Coloquio " O acompañamento emocional do adolescente" 12/04/23

O vindeiro mércores 12 de abril celebrarase no centro unha actividade de formación "O acompañamento emocional do adolescente" dirixida a familias e profesorado do centro, a cargo do Contrato-Programa EMOCIONA-T.

A formación será desenvolta polo Centro de Atención Psicolóxica Áurea Brea de Noia, especialistas en trastornos psicolóxicos na infancia e adolescencia. 

Algúns dos temas a tratar serán o desenvolvemento psicolóxico do adolescente e técnicas e claves para acompañalos nesta etapa vital para previr a depresión e a ansiedade, entre outras. 

Charla "O acompañamento emocional do adolescente"



paxina_principal | by Dr. Radut