Novas

RESERVAS DE PRAZA E SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2015/2016

De acordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, infórmase do seguinte:

 

PROGRAMA INTERNACIONAL DE BECAS HIGH SCHOOL

Convocadas as Becas High School, para o alumnado de 4º ESO que desexe cursar 1º de Bacharelato nos Estados Unidos, vivindo cunha familia norteamericana.

 

Os requisitos son os seguintes:

- Ter cumpridos 15 anos antes do 1 de agosto de 2015.

- Ser alumno/a de 4º ESO nun centro de Galicia.

- Ter un mínimo de 7 na asignatura de inglés en 3º ESO.

- Ter un mínimo de 7,5 de promedio nas notas de 3º ESO.

Horarios de atención ás familias

No adxunto poden consultar o horario de atención de cada docente ás familias. Prégase solicitar a cita coa suficiente antelación para permitir ao profesorado recopilar toda a información relativa ao estudante, e atendelos coa maior calidade posíble.

REORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR

Debido ao incremento de matrícula, foi necesaria una reestructuración das rutas de transporte escolar. O reparto de alumnado por autobuses, segundo a organización elaborada pola empresa de transporte, será o seguinte:

  • Autobús 1: alumnado de A TOXA, CONFÍN e CORGO. Este autobús situaráse diante da porta do centro á saída, en primeiro lugar.
  • Autobús 2: alumnado de CAÍDOS E O ALUMNADO DE CORTIÑAS DE 4º DA ESO. Situaráse detrás do anterior.
  • Autobús 3: alumnado de ARDIA E ALUMNADO DE CORTIÑAS DE 1º, 2º E 3º DA ESO. Situaráse en último lugar, preto do colexio.
  • Autobús 4: alumnado da ruta de SAN VICENTE. Situaráse enfronte do instituto.

MOI IMPORTANTE: os autobuses van prácticamente completos, polo que o alumnado non poderá subir, ningún día da semana, nun autobús que non lle corresponda segundo a parada solicitada na matrícula.

Pregamos sexa comunicada ao centro calquera incidencia; no apartado "Impresos" poden atopar un modelo de reclamación para entregar na secretaría do centro.

Creación da ANPA do IES As Bizocas

Como xa se foi informando nas reunións e na Secretaría no momento da matrícula, para o curso próximo vaise poñer en marcha unha ANPA.

Se algúnha familia está interesada en formar parte dela, ou simplemente colaborar, e non se anotou na listaxe que hai na Secretaría, poden enviar un correo electrónico á dirección do centro (ies.asbizocas@edu.xunta.es), con asunto ANPA indicando o seu nome, número de teléfono e correo electrónico, para que así poidamos facer chegar os seus datos ás familias organizadoras.

Libros de texto para o curso 2014/2015

Faise pública a listaxe de LIBROS DE TEXTO para o próximo curso 2014/2015, como poden ver no arquivo adxunto.

Recordámoslles que para aquel alumnado que non repita curso (no 2014/2015) e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros, poden solicitar unha AXUDA para a adquisición de libros de texto (cando fagan a matrícula). As novidades da convocatoria deste ano son:

Listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2014/2015

Fanse públicas as listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido no IES Plurilingüe As Bizocas para o ano académico 2014/2015. Poden consultalas, clasificadas por cursos, nos arquivos adxuntos que se acompañan a esta entrada.

Alumnado admitido para o ano 2014/2015: listaxes provisionais

Fanse públicas as listaxes PROVISIONAIS de alumnado admitido no IES Plurilingüe As Bizocas para o ano 2014/2015. Poden consultalas, clasificadas por cursos, nos arquivos adxuntos que se acompañan a esta entrada. Poderanse formular reclamacións contra estas listaxes ata o 28 de abril, ante o consello escolar.


Lémbrase que as listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido publicaranse antes do 15 de maio.

Axudas para a adquisición de libros de texto 2013/2014

Xa se publicou a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material á que pode acollerse o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso escolar 2013/2014.

Aviso xornada de folga 14 novembro

O mércores 14 de novembro o Centro estará aberto como así o establece o Decreto 214/2012 do 8 de novembro (DOG nº 215 do 12 de novembro). Sen embargo, non haberá servicio de cafetería no recreo, polo que se lles recomenda traian da casa algo de comer para media mañá.

Distribuir contido