Novas

Campamentos Depo Aventura A Lanzada

 

A Deputación de Pontevedra convoca 2.200 prazas para o campamento Depo Aventura que se realizará no Centro Vacacional A Lanzada.

Poden participar os rapaces e rapazas nados entre o 2007 e o 2012.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de marzo.

Toda a información desta convocatoria na web https://www.depo.gal/depo-aventura (e na OMIX, teléfono 986 730 609).

 

 

 

Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe 2020

 

Xa está aberto o prazo de solicitude para “Os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe” para o ano 2020 organizados pola Deputación de Pontevedra.

RESERVA DE PRAZAS: Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva efectuadas en prazo polo alumnado dos centros adscritos, CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán, para cursar 1º ESO no noso centro durante o ano académico 2020/20»

Concesión/denegación de VALES para MATERIAL 2019/20 (para todos os cursos da ESO):

No que respecta ao vales para mercar material escolar, confírmase a Listaxe provisional publicada o 10/07/2019 (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbizocas/node/430) polo que os alumnos/as para os que se indicaba "asignaranse como mínimo 6 libros" tamén son beneficiarios do vale para mercar material escolar, resultando excluídos os demais.

Estes vales ENTREGARÁNSELLE ao alumnado beneficiario durante o primeiro día de clase, o luns 16 de setembro, a canda o lote de libros de préstamo que lle corresponda.

Listaxe DEFINITIVA FondoLibros 2019/2020

 

 

Fanse públicas as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario para estudar no IES As Bizocas o curso 2019/20.


Estes libros ENTREGARÁNSELLE ao alumnado durante o primeiro día de clases, o luns 16 de setembro.

 

FINAL DE CURSO, DEVOLUCIÓN DE LIBROS E ENTREGA DE NOTAS

Mañá a primeira hora farase a recollida dos libros do fondo: o alumnado debe traer o seu lote, con todos os libros do centro, nunha bolsa.

Logo, a partir das 11.30, o alumnado de 4º A convídavos ao Festival de Fin de curso organizado por eles.

A entrega de notas será o mércores 26 de xuño ás 11:00. Non haberá transporte escolar. O alumnado que o precise poderá recoller no momento da entrega do boletín os libros de texto das materias das que se teña que examinar en setembro, comprometéndose a devolvelos o día do exame.

Resolución ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019 ("Axudasle")

 

En relación co programa Axudasle convocado pola Consellería de Educación, xa se publicaron as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.

Distribuir contido