No ano 2020 celebraremos o Día das Letras Galegas na honra de Ricardo Carvalho Calero, escritor, profesor e intelectual galeguista e unha das figuras máis salientábeis das nosas letras durante o século XX. Para conmemorar a súa contribución á naturalización da internacionalidade da nosa lingua, realizaremos actividades ao longo do ano que permitan pór en valor o galego como lingua universal.
Así, arrancaremos o próximo martes día 8 conversando con Onofre Muianga, moçambicano. Esta charla, realizada coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Moaña, irá destinada ao alumnado de 3º da ESO e terá lugar no Salón de Actos.