Curso 19-20

O pasado luns 13, ás 18:30, o psicólogo Alberto Casqueiro impartiu unha instrutiva e divertida charla para nais e pais, "Desdramatizando a adolescencia". Moitas grazas pola vosa participación!

CHARLA DE SOLEDAD FERNÁNDEZ, DE CHRYSALLIS

Enviado por Anónimo o Xov, 09/01/2020 - 14:10

Comezamos o ano con ganas cunha charla sobre transexualidade para 4º da ESO a cargo de Soledad Fernández, da asociación Chrysallis, que resultou ser moi emotiva e interesante. Foi organizada polo grupo Incómodxs e rebeldes. Aí van algunhas fotos:

VISITAMOS O OCEANOGRÁFICO

Enviado por Anónimo o Lun, 02/12/2019 - 12:15

O pasado venres 29, o noso alumnado de 1º Bacharelato STEM visitou o Oceanográfico de Vigo en compañía dos profes Carlos e José Luís. Aí van algunhas fotos:

MIRADAS DA XEOMETRÍA

Enviado por Anónimo o Lun, 02/12/2019 - 12:10

Apuntámonos nun proxecto creativo que involucra Matemáticas e Artes, que se desenvolve en Francia e que este ano involucra tamén a Galicia. Sumádevos!
 

VISITA AO CIQUS

Enviado por Anónimo o Ven, 29/11/2019 - 13:38

Visita ao CIQUS (Santiago) do alumnado de Química de 2° de Bacharelato, acompañado de Loli e José Luis.

Distribuir contido