DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Nos Medios

IOGA NAS BARXAS

Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 09:57

O Faro de Vigo faise eco da nosa actividade de Ioga e readaptación postural para toda a ESO, realizada durante as horas de titoría e que nos vén xenial para quitarnos de enriba a ansiedade pandémica.

Ligazón a nova no Faro de Vigo

 

 

OBRADOIRO DE MARISQUEO

Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 09:55

O 27 de abril o alumnado de 1° da ESO participou nun obradoiro de marisqueo pertencente ao programa Moaña Aprende do Concello de Moaña. Pasámolo moi ben e aproveitamos para limpar a praia da Xunqueira.

E durante este mes o noso alumnado tamén participou nun Obradoiro de baile tradicional, impartido por Manolo Cobas, durante as clases de Educación Física. O Faro faise eco da noticia.

https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/05/01/educacion-fisica-ritmo-muineira-49927821.html



A CANCIÓN DE AINHOA MOSQUERA NOS 40 PRINCIPALES

Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 09:51

A canción "Miss each other before we need", de Ainhoa Mosquera, que traballamos no Obradoiro de produción musical con Iago Lorenzo dentro do Contrato Programa de Mellora de coñecementos para acadar a excelencia, vai ser estreada o sábado 8 de maio no programa El Maketón - Maeloc, da emisora 40 Principales Vigo, entre as 17 e as 18h! Estade atentxs! Moitos parabéns!!!!

PARTICIPACIÓN DO NOSO ALUMNADO NO FIC ANDAINA

Enviado por Anónimo o Xov, 08/04/2021 - 13:16

O Faro de Vigo faise eco da participación do noso IES no Festival de Curtas e Diversidade da Asociación Andaina Redondela (FIC Andaina), que terá lugar mañá 9 de abril para o noso alumnado da ESO, por mediación da Concellería de Mocidade e Igualdade do Concello de Moaña.

https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2021/04/08/cine-inclusion-moana-46164616.html?fbclid=IwAR1O_m2F5O7K9ZJ9FpUF_80u9l5qG8aKk5_dscc8Edn5LAwkkHr01JctoQc

Distribuir contido