Onte, 10 de xuño, o Conselleiro de Educación visitou o noso Centro, con motivo da presentación do libro ilustrado "Barxilón no mar do latón". O libro forma parte do Proxecto "Creación dunha Editorial", que foi galardonado co I premio Proxecta Innovación.
O acto de presentación, ao que acudiron diversos medios de comunicación foi todo un éxito. Os rapaces de 1º Bacharelato presentaron o Proxecto explicando os pasos seguidos ata acadar o resultado final. Ademáis dunha representación teatral a cargo do IES Sanchez Cantón, e unha canción ao Barxilón puidemos disfrutar dunha mesa de escritores que non tiveron ningunha dúbida en eloxiar o traballo de todos os integrantes no Proxecto. O acto rematou cuns pinchos no hall.
Parabéns aos alumnos e profesors do IES As Barxas, IES Sánchez Cantón, CEIP Espiñeira, IES Xulián Magariños, e Colexio A Rúa , que levaron acabo este Proxecto. (máis información).
A páxina web da Xunta, faise eco da nova
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbarxas/system/files/u21/pax%20web%20xunta%20presentacion%20barxilon.PNG)
(Ir á páxina)
O Faro de Vigo, tamén se fai eco da nova:
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbarxas/system/files/u21/2015%2006%2011%20faro%20vigo%20presentacion%20barxilon.png)
(ver o xornal)