Temos a sorte de poder compartir este marabilloso vídeo que resume un ano de fototrampeo nos montes de Moaña, dentro do proxecto O bosque animado do noso Club de Ciencias.
O 14 de febreiro, dentro dos 21 Días en Galego, Míriam Ferradáns veu falar lles ao alumnado de 2º Bacharelato de paxaros, de música e de praias, ou sexa, de poesía.
O 11 de febreiro tivemos a honra de recibir ao escritor Miguel Àngel Alonso Diz no noso instituto, para falarnos en 1° da ESO do seu libro O país da choiva.