Blogues

SAÍDA DO STEMBACH A SANTIAGO

Enviado por Anónimo o Lun, 04/10/2021 - 19:18

Comezamos as actividades deste curso 2021-2022 cunha saída do noso grupo STEMBACH ao CIBUS e ao Museo de Historia Natural, en Santiago. Aí van algunhas fotos:

DIVERSIDADE LGTB E EDUCACIÓN

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:43

Orgullosxs do compañeiro Denís Vicente, que falou o día 22 sobre diversidade LGBT e educación no Concello de Moaña coa Rede Educativa de Apoio LGBT de Galicia.

VISITA DO CLUB DE CIENCIAS Á SERRA DO SUÍDO

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:38

Como colofón a un curso de intenso traballo, o alumnado do Club de Ciencias realizou unha excursión á Serra do Suído onde visitaron a Cidade do Alén, o Foxo de Lobos do Chan de Anduriñas, o coto de Eiras e asistiron a unha charla sobre a xestión do monte. Parabéns!

ROTEIRO ROMÁNICO EN MOAÑA

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:36

Aquí podedes ver algunhas fotos do noso roteiro sobre o Románico en Moaña realizado en colaboración co Concello de Moaña polo alumnado de 2° ESO C, D e E. Moitas grazas aos historiadores Jacinto Piñeiro e Manuel Uxío García Barreiro.

ROTEIRO O ÚLTIMO BARCO

Enviado por Anónimo o Mér, 23/06/2021 - 12:33

Moitas grazas ao guía Alexandre e ao Concello de Moaña por permitirnos ver os lugares polos que transcorre a trama do libro de Domingo Villar _O último barco_. Foi unha actividade pensada para 1° Bacharelato.

Distribuir contido