Skip to Content

III CERTAME BANDA DESEÑADA

 

 

O curso 2012-1013 fraguose no IES Arcebispo Xelmírez I o certame de banda deseñada AX1, aberto a todo o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia, de réxime xeral e de adultos. Este proxecto, que contou co prace e inestimable colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levouse a cabo grazas ao traballo do equipo de dinamización da lingua, o departamento de debuxo e artes plásticas, a dirección do centro e o equipo responsable da dinamización da biblioteca, e a colaboración de 4 xurados expertos na materia, convertíndose nunha das actividades máis transversais do instituto.

Este curso 2014-2015 acábase de publicar a acta de resolución da terceira edición do AX1 (o 26 de maio) e puidemos constatar o enorme interés que esperta no alumnado da nosa comunidade un certame destas características, que busca o vencello dun xénero que cautiva aos rapaces e rapazas de hoxe en día coa lingua galega. Por outra parte, o cómic é un xénero moi versátil: fusiona as artes plásticas, a literatura, a historia, a cinematografía e as novas tecnoloxías, e demanda nos autores e as autoras non só imaxinación e habilidades artísticas, senón tamén capacidade de concreción, orixinalidade e orde no viñetado, e organización e claridade á hora de presentar unha arquitectura narrativa ben trabada.

O incremento de participación ano tras ano durante estas tres edicións anímanos a seguir traballando pola consolidación dun certame que evidencia que o talento, a actualidade e a cultura poden convivir en harmonía coa tradición e a lingua propias, que é, en definitiva, o que nos move. E así no lo demostran os gañadores de esta III edición do certame AX1.

Categoría de 12 a 16 anos:

Primeiro premio, dotado con 500 €, para o traballo ¡MEH! de Paula Amor Díaz, Andrea Barcia García e Celia Gasalla Sánchez, alumnas do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.

Segundo premio, dotado con 200 €, outorgado a Lorenzo, o ladrón de cómics, creado por Alba Jiménez Pello e Mario Acuña Caldas, do IES de Poio.

Categoría de 16 anos en diante:

Primeiro premio, dotado con 500 €, ao traballo O voo da vacaloura, de Cristian Fojón Caruncho do IES Ortigueira.

Segundo premio, dotado con 200 €, a Philip, creación de Sarela Lorenzo Robledo, do IES Francisco Aguiar de Betanzos.

BASES   ACTA DE RESOLUCIÓN
 
     
 

 

Premios literarios

PREMIOS LITERARIOS :

 

7º Concurso Coca-Cola de Novos Talentos, Premio de Relato Curto:

     2º premio provincial: Antía Fernández Cambeiro, de 2º ESO A.

 

55º Concurso Coca-Cola de Jóvenes Talentos, Premio de Relato Corto:

     3º premio provincial: Iria Tojo Aldariz, de 2º ESO A.

 

2º Concurso Nacional “Carta a un militar español”:

     1º premio provincial: Tamara Parcero Areán, de 2º Bac. C.

 

Concurso conmemorativo del IV Centenario de la publicación de la segunda parte del Quijote, convocado por el Departamento de Lengua Castellana y Literatura de este centro entre alumnos de 2º y 3º de ESO:

     Modalidad Poesía y Dibujo (2º de ESO):

     1º premio: Luis Becerra Lawrence, de 2º B.

     2º premio: Bernabé Villaverde Rodríguez, de 2º A.

     Modalidad Microrrelato (3º de ESO):

     1º premio: Catuxa Sara Prieto Álvarez, de 3º C.

     2º premio: Lucía Aboal Castro, de 3º C.

Axudas textos 2015-16

Premio alumna Centro

Enma Fernández Bouvier acada o 1º premio de XI edición do concurso de redacción histórica Falemos da Nosa Historia, que este curso levou por título "Cotolai".

Está prevista a entrega de premios  o vindeiro dia 4 de xuño (xoves) as 11´30 horas no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación.

Teatro

" Vai No Dentista, o grupo de teatro coordinado polo EDL do noso instituto, acaba de gañar por quinta volta en vinte anos de historia, e segunda consecutiva, o Certame de Teatro Intercentros de Santiago de Compostela, na categoría de secundaria. Parabens!.


O grupo, dirixido maxistralmente por Daniel Baamonde, puxo en escena o pasado xoves, 23 de abril, a peza "O Incidente", unha versión baseada na "Ópera Pánica. Cabaret Trágico" de Alejandro Jodorowsky, mais chea de xiros e monólogos aportados polos mesmos integrantes de Vai No Dentista.
Tal e como figura nas bases do certame, o centro gañador disfrutará do privilexio de ver representada a súa obra no Teatro Principal de Santiago de Compostela, durante o acto de entrega de premios que terá lugar o vindeiro martes, 19 de maio, ás 20:00 horas.
A entrada ao Principal será gratuita ese día para todos e todas os que vos queirades achegar a disfrutar, un ano máis, e xa van vinte, dun serán de teatro escolar en galego.


Aproveitamos a ocasión para felicitar de corazón a todo o noso alumnado, que se amosou absolutamente respectuoso co resto dos grupos participantes, gardando un silencio exemplar durante cada unha das respresentacións que tiveron lugar no noso salón de actos durante a semana do Certame Intercentros. "
 

V Encontros Eden is near us

 

V XUNTANZA COMENIUS "EDEN IS NEAR US"

A partir de hoxe, día 4 de maio e ata o día 8, recibimos no noso Centro aos participantes do programa europeo "EDEN IS NEAR US", que ten como finalidade promover a importancia das áreas protexidas en cada unha das rexións europeas ás que pertencen os paises que forman parte do mesmo e que son os seguintes:

O centro coordinador do proxecto é:

 Colegiul Tehnic General Gheorghe Magheru, Târgu-Jiu (Romanía)

 Os centros asociados son:

 Šolski Center Velenje, Velenje (Eslovenia)

 Kozakli Anadolu Lisesi, Nevşehir (Turquía)

 2nd Gymnasio Kalamarias, Kalamaria (Grecia)

IES Arcebispo Xelmírez I, Santiago de Compostela (España)

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Lista definitiva admitidos 1ºBACH

LISTADO DEFINITIVO ADMITIDOS/EXCLUIDOS 1º BACHARELATO

 

Calquer reclamación a este listado definitivo deberá ser tramitada a través da Inspección Educativa (Consultar en Secretaría)

 

 

Prematricula2015-16

Atención: Prematrícula 2015-16

Abrir Prematricula no menú Secretaría

Conferencia do escritor Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras presentou a súa obra "Conduce rápido" ao alumnado de 2º de Bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut