Skip to Content

Xornadas pedagóxicas Xosé Calviño

Os días 26, 27 e 28 de abril celébranse no IES A. Xelmírez I as Xornadas pedagóxicas Xosé Calviño. Este curso adicadas : A educación das persoas adultas: análise e perspectivas. Realizarase unha reflexión e unha análise das necesidades formativas deste colectivo así como as súas perspectivas de futuro.
Xornadas financiadas polo Concello de Santiago en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Vídeo promocional IES Xelmírez I

ZONA DE APARCAMENTO TEMPORAL

A petición do IES A.

Biblioteca Xelmirez I · Dia Internacional da Muller

Programa Intercambio Madrid

Calendario PAU Setembro

Recollida de cheques compra libros (setembro)

RECOLLIDA DE CHEQUES PARA A COMPRA DE LIBROS (SETEMBRO)

 

A partir do vindeiro luns, día 21 de setembro, o alumnado correspondente pode recoller nas oficinas do centro o cheque para a compra de material escolar ou libros.

Textos 2015-2016

Para ver os textos do próximo curso pulsar en Textos 2015-16

Premio ao grupo " Vai No Dentista"

Vai No Dentista, o grupo de teatro en lingua galega creado en 1995 para conmemorar o 150 aniversario do instituto, acaba de gañar o premio Buero de Teatro Xoven da Fundación Coca-Cola na categoría escolar da fase autonómica coa representación da obra "Fóra do Xogo"; o pasado 5 de xuño recolleu o premio nunha gala que se celebrou no Centro Ágora de A Coruña.

 

Fóra de Xogo é unha obra na que 11 rapaces e rapazas, un equipo de fútbol, aparecen sobre o céspede dun terreo de xogo, coma se xogaran o partido das súas vidas, onde explican, analizan e diseccionan en monólogos, ás veces difíciles de dixerir, os problemas aos que se enfrontan no seu día a día no instituto; problemas que eles non son quen de resolver, e aos que a sociedade non lles da solución deixándoos totalmente FÓRA DE XOGO.

Distribuir contido


by Dr. Radut