Skip to Content

Validacións Música e Danza / ESO e Bacharelato

SOLICITUDE DE VALIDACIÓN ENTRE AS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE MÚSICA E DANZA E AS MATERIAS DE ESO E BACHARELATO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022.

Segundo a Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral:

“O interesado en solicitar a validación dunha materia da ESO ou BACHARELATO, no caso de menores de idade, a través dos/as pais/nais ou titores/as legais do alumno/a, deberá presentar, durante o mes de SETEMBRO, dita solicitude xunto coa certificación expedida polo correspondente conservatorio de música ou centro autorizado, en que se acredite a superación da materia susceptible de ser validada.”

Recollida de títulos

Dende o día de hoxe, os/as alumnos/as que promocionaron no curso académico 2018/2019 poden pasar a retirar os seus títulos da ESO, Bacharelato ou Ciclos pola Secretaría do centro en horario de oficina.

Para proceder á retirada do mesmo é imprescindible que o realice persoalmente o/a alumno/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI.

Se non o pode recoller persoalmente, poderá autorizar a outra persoa, preferentemente familiar, a través do modelo adxunto, asinado polo/a alumno/a no que deberá figurar o nome, apelidos e o DNI da persoa autorizada, acreditando a súa identidade. O dito modelo acompañarase dunha fotocopia simple do DNI do titular do título.

Exames de setembro. Diúrno

Exames de setembro. Adultos

Gala de Graduación 2º Bacharelato 2019-2020

Martes 15/06/2021, a partir das 12:00

Libros de texto para o curso 2021-2022

Devolución libros do Fondo Solidario. Curso 2020-21

Ás titoras e titores da ESO, infórmase das instrucións para a devolución dos libros do Fondo Solidario do centro:

-Facilítase a cada titora ou titor a listaxe do alumnado que ten libros en préstamo, que será informado do procedemento.

-Os titores e titoras deixarán os boletíns deses alumnos en Oficinas antes da entrega de notas ao resto do grupo.

-O alumnado con libros do Fondo Solidario devolverá todos os libros o día 23 de xuño na Aula de Plástica segundo o seu horario para a recollida de notas. Nese momento daráselles os seus boletíns.

-Ao alumnado con materias pendentes para setembro prestaráselles de novo os libros correspondentes.

Calendario fin de curso 2020-2021

  Calendario de entrega de boletíns das cualificacións da ESO, ESA, 1º de Bacharelato e Ciclos Formativos na convocatoria ordinaria e do proceso de solicitude de revisión e reclamación

23 de xuño: os titores e titoras entregarán os boletíns ao alumnado do seu grupo na aula e no horario anunciados (ver horario de entrega

Distribuir contido


by Dr. Radut