Skip to Content

Devolución libros do Fondo Solidario. Curso 2020-21

Ás titoras e titores da ESO, infórmase das instrucións para a devolución dos libros do Fondo Solidario do centro:

-Facilítase a cada titora ou titor a listaxe do alumnado que ten libros en préstamo, que será informado do procedemento.

-Os titores e titoras deixarán os boletíns deses alumnos en Oficinas antes da entrega de notas ao resto do grupo.

-O alumnado con libros do Fondo Solidario devolverá todos os libros o día 23 de xuño na Aula de Plástica segundo o seu horario para a recollida de notas. Nese momento daráselles os seus boletíns.

-Ao alumnado con materias pendentes para setembro prestaráselles de novo os libros correspondentes.

CÓMPRE DEVOLVER OS LIBROS DO FONDO PARA PODER RETIRAR OS BOLETÍNS



page | by Dr. Radut