Skip to Content

Proxecto vida activa e deportiva

Actividade de iniciación ao piragüismo

Fíxose os días 11 e 12 de xuño no Club Fluvial de Lugo, participaron respectivamente os alumnos de 1° e 2° ESO.

Actividade de iniciación ao surf

 Tivo lugar en Viveiro o 4 de xuño e participaron os alumnos de 3° ESO.

Iniciación á escalada en rocódromo

31 alumnos de 4° ESO asistiron o día 21 de maio á xornada de iniciación que tivo lugar no rocódromo de Lugo.

 

Partido Campionato de España de voleibol categoría infantil masculino.

Os alumnos de 2°ESO A e B asistiron a un partido do clube Emevé no que xogan dous compañeiros de clase.

 

Charlas "Deporte en igualdade. Perseveranza e esforzo"

Tiveron lugar o xoves 4 de abril de 2024 e asistiron tódolos alumnos da ESO organizados en varias quendas.
Foron impartidas por Bibí Bouza (presidenta do Club Voleibol Emeve), Lucía Prol (xogadora do clube), Lluvia Alcaraz, Claudia Alonso e Fabiola Ortega (xogadoras do Club Voleibol Emeve e alumnas do IES Ánxel Fole).
 
 

Visita ao Ánxel Carro

O 20 de marzo o alumnado de 2° ESO acudiu ao estadio Anxo Carro, invitados polo CD Lugo, para coñecer as instalacións e presenciar un adestramento do equipo. Houbo sorteos de camisetas e os xogadores asinaron autógrafos. 

Viaxe a Andorra para practicar esquí ou snow

O Departamento de Educación Física organizou unha viaxe a Andorra (estación de esquí Grandvalira, sector Grau Roig) con 46 alumnos de 1 ° de bacharelato, tivo lugar entre os días 3 e 10 de febreiro.

Álbum: Curso 2023/24 -> Excursión a neve

Actividade de iniciación ao boxeo (sen contacto).

Impartida polo Boxing Club Cidade de Lugo do 18 ao 21 de decembro do 2023. Dirixíuse a tódolos alumnos do centro a razón de unha sesión por grupo.

Álbum: Curso 2023/24 -> Boxeo sen contacto

Bailando no Fole

Información xeral

Álbum: Curso 2023/24 -> Bailando no Fole

Liga mixta multideporte IES Ánxel Fole. Curso 2023-24

Calendario e normas básicas 

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut