Actividade que ten como obxectivos dar a coñecer este deporte e ampliar experiencias deportivas do alumnado. Faise en colaboración co CLUBE ESCOLA LUCENSE DE TIRO CON ARCO (C.E.L.T.A.). Participan os alumnos de 2° ESO, 4° ESO e 1° de bacharelato, ten lugar nas semanas do 6 ao 10 e do 13 ao 17 de novembro e tódolos grupos teñen 4 sesións de clase. A progresión comeza con probas de lateralidade, test de forza de apertura en posición de tiro medida con dinamómetro, técnica de tiro e remata coa actividade de competición por equipos Run&Shoot.
Álbum: Curso 2023/24 -> Tiro con arco